DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66831

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade traballo social

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Laura Fuentes López, persoal funcionario do corpo de técnicos de apoio social, subgrupo A2.

Secretaría:

– María José Duro Regos, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Ramón Olegario Sampedro López, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade en pedagoxía terapéutica.

– Margarita María Docanto Alonso, traballadora social, subgrupo A2.

– Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social, subgrupo A2.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Sandra María Abeijón Romero, persoal funcionario, traballadora social, subgrupo A2.

Secretaría:

– José Manuel González Sanmartín, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– María Lorena Antelo Romero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María Dolores Antelo Collazo, persoal funcionario, traballadora social, subgrupo A2.

– Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.