DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66843

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o 29 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio da oposición terá lugar o día 15 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia-Abanca, 36540 Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal