DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66844

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros. O artigo 23 do citado decreto prevé que a provisión de postos docentes nos centros específicos de educación e promoción de adultos se efectuará a través dun concurso de traslados específico, no cal se terán en conta, entre outros méritos, a experiencia no ensino de persoas adultas en centros EPA, así como a formación acreditada.

Por outra banda, a Orde do 2 de xuño de 2021 regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

Nesta orde regúlase como se actualiza o expediente persoal e que todos os datos que consten neste se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros que sexan necesarios para a xestión do persoal docente.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 88/1999, do 11 de marzo, autorízase a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para ditar cantas disposicións sexan precisas para a execución e o desenvolvemento do que se establece nel.

Ao existiren vacantes nos centros de educación permanente de adultos, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dispuxo convocar concurso de traslados.

Para estes efectos, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeira. Obxecto

Convócase concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira do corpo de mestres para cubrir as prazas vacantes nos centros onde se imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta administración educativa.

Segunda. Vacantes que se convocan

As vacantes que son obxecto de provisión neste concurso específico son as que se relacionan no anexo I desta orde.

Así mesmo, ofertaranse, de ser o caso, as potenciais resultas que se xeren como consecuencia da participación neste procedemento.

Terceira. Participación conxunta de persoal funcionario de distintos corpos ás mesmas vacantes

De conformidade co establecido no punto 5 da disposición adicional oitava da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 5 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, ás mesmas vacantes, sen prexuízo dos méritos específicos que lle sexan de aplicación pola súa pertenza ao mencionado corpo de catedráticos.

Cuarta. Persoal participante

Poderá participar neste concurso de traslados específico, a prazas correspondentes ás especialidades de que sexan titulares, o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos, funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira do corpo de mestres do ámbito de xestión desta administración educativa que estea nalgunha das seguintes situacións:

a) Que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, sempre que, de conformidade co establecido no punto 6 da disposición adicional sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, transcorresen ao termo deste curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) O profesorado en expectativa de destino durante o curso 2023/24 que dependa organicamente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

c) O persoal funcionario de carreira que estea en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual ou excedencia por razón de violencia terrorista.

Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar en 31 de agosto de 2024 transcorreu un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.

d) O persoal funcionario de carreira que, desde un destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe incorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

e) O persoal funcionario de carreira que se encontre en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, sempre que en 31 de agosto de 2024 transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

f) O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade convocado pola Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciado mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

As persoas participantes no concurso por esta alínea f) farano con cero puntos.

Quinta. Requisitos específicos de participación

Ademais de ser titular da especialidade das vacantes a que concorra, o persoal docente funcionario que participe polas especialidades de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais –Xeografía e Historia– do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía debe posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes (base sétima), como requisito específico para participar neste concurso de traslados específico, acreditar o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, deberá posuír o certificado de lingua galega (Celga 4) ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega; ter a validación correspondente; telo superado a través da proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro.

Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superaron a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de ingreso ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario ou de mestres.

Sexta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e de profesores de ensino secundario e do corpo de mestres

O profesorado pertencente a estes corpos poderá solicitar unicamente as vacantes correspondentes ás especialidades de que sexan titulares.

Para estes efectos, o persoal concursante deberá, na solicitude de participación, consignar os centros que solicite por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran no anexo I a esta orde.

Sétima. Solicitudes, forma de participación, prazo de presentación de solicitudes e de méritos e documentación complementaria

1. Solicitudes de participación e de actualización e/ou modificación do expediente.

As solicitudes de participación e a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente (código de procedemento ED011A) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos de acordo co procedemento exixido nesta convocatoria.

No caso da solicitude de participación, o persoal participante deberá manifestar nelas de modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria e deberá cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, e unha vez xerado modelo normalizado, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A).

A citada solicitude PR004A que xunta o modelo normalizado xerado previamente (na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt) dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Mesmo cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e soamente se poderá obter un único destino.

No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo cal se participa.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada validamente na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se acreditará co recibo de presentación xerado polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia.

2. Prazo de presentación de solicitudes e de méritos que serán obxecto de valoración, de ser o caso.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez rematado o dito prazo, a/s solicitude/s será/n vinculante/s nos seus termos para a persoa aspirante e non poderán ser obxecto de modificación.

Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 3 desta base, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

3. Documentación complementaria.

3.1. As persoas interesadas deberán anexar na sede electrónica, xunto coa solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), a seguinte documentación:

a) Solicitude de participación, confeccionada a través do enderezo web https:// www.edu.xunta.es/cxt.

3.1.1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3.1.2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Pola súa vez, o persoal solicitante deberá proceder do seguinte xeito en relación coa alegación de méritos neste concurso específico:

a) Persoal concursante co expediente actualizado.

De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que consten no expediente se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.

O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a pestana que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso xeral de traslados. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria, así como a puntuación total e por alíneas, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.

Para estes efectos, a baremación das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II é a outorgada pola Comisión de Valoración para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada, deberá marcar a opción «Acóllome ao baremo do último concurso en que participei» na solicitude de actualización do expediente, e non será necesario neste caso a presentación desta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron ou se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nelas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 3.1.2.b) desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.

De estar conforme coa puntuación outorgada, soamente deberá presentar a solicitude de participación neste concurso específico por medios electrónicos, confeccionada a través do enderezo web https:// www.edu.xunta.es/cxt, empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), de conformidade co establecido nesta convocatoria pública.

b) Persoal concursante co expediente sen actualizar.

No prazo de presentación de solicitudes establecido nesta base, o persoal docente que participe neste concurso específico e considere que non ten o seu expediente actualizado, ademais da presentación da solicitude de participación no concurso por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde en que figura cada un dos méritos na solicitude do procedemento ED011A, e achegaranse para cada mérito que se vaia alegar os documentos individualizados respectivos e todos os méritos deben ser obxecto de alegación na mesma solicitude.

c) Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II.

A baremación desta epígrafe é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.

No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron, deberán marcar a opción «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei» na pestana correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos empregando a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), deberán presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

Se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar na pestana correspondente da solicitude de actualización do expediente a opción «Non me acollo ao baremo e quero volver a alegar todo» e, ademais de presentar por medios electrónicos a solicitude de participación no concurso, deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). Neste concreto suposto, no procedemento código ED011A deberá achegar, xunto coa solicitude, toda a documentación para a cal solicita baremación relativa a estas epígrafes; achegaranse para cada mérito que se vaia alegar os documentos individualizados respectivos e todos os méritos deben ser obxecto de alegación na mesma solicitude.

No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á dita documentación xustificativa, deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que se poden consultar na pestana de presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos», que figuran na Guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento código ED011A.

d) Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.

A Comisión Baremadora a que se fai referencia na base décimo cuarta será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.

A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso de traslados cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, por esta comisión, e poderá ser consultada polo persoal concursante na pestana Baremo existente na solicitude de participación do concurso.

e) Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Oitava. Dereito preferente a centro

Con ocasión de vacante no corpo docente polo cal se participa, terá dereito preferente para obter destino definitivo no mesmo centro en que teña destino definitivo o profesorado que, encontrándose nalgún dos supostos que se indican, reúna as condicións establecidas nesta convocatoria e pola orde de prelación en que neles se relacionan:

1. Por supresión da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro, ata que obteña outro destino definitivo.

2. Por modificación da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro, ata que obteña outro destino definitivo.

3. Por desprazamento dos seus centros por insuficiencia total de horario ou por dispoñer de menos de cinco sesións lectivas da súa especialidade que poidan ser asumidas por profesorado doutro departamento, nas mesmas condicións que os titulares dos postos suprimidos.

Neste suposto está incluído o profesorado que resultou desprazado a outro centro por traslado de ensinanzas e que durante os seis anos seguintes á realización do dito traslado ten dereito preferente ao seu centro de orixe en calquera das especialidades de que sexa titular, conforme o establecido no artigo 10 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto.

4. Para o profesorado dos corpos de catedráticos de ensino secundario, profesores de ensino secundario por adquisición de novas especialidades, ao abeiro do disposto nos reais decretos 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro, para obter un posto da nova especialidade adquirida no centro onde teña destino definitivo. Unha vez obtido o novo posto, só se poderá exercer este dereito con ocasión da adquisición doutra nova especialidade.

Novena. Forma de exercer o dereito preferente a centro

Para exercer o dereito preferente a centro, a interesada ou o interesado deberá poñer na terceira folla da solicitude o código do centro en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma folla marcará cun X o suposto polo cal exerce este dereito e consignará, tamén na mesma folla, no tipo de praza, a especialidade ou especialidades de que é titular ou para as cales está habilitada.

Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a centro poderá exercer na mesma solicitude o dereito preferente a localidade e poderá exercelo a zona educativa e/ou incluír outras peticións de centros ou localidades, se desexa concursar a elas fóra do dereito preferente.

Décima. Dereito preferente á localidade ou zona educativa

Conforme o establecido nos artigos 12.c) e 19 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario que teña dereito preferente a obter destino nunha localidade ou, no caso de mestres, zona educativa determinada, se desexa facer uso deste dereito ata que obteña aquel, deberá participar en todas as convocatorias que, para estes efectos, realice a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. De non participar, considerarase que decae no dereito preferente.

Terá este dereito preferente, con ocasión de vacante, o persoal funcionario de carreira que se encontre nalgún dos supostos que se indican e pola orde de prelación en que estes se relacionan:

1. Por supresión ou modificación da praza ou posto de traballo que desempeñaba con carácter definitivo nun centro.

2. Por desprazamento do seu centro por insuficiencia total de horario, nas mesmas condicións que os titulares de postos suprimidos. Neste punto está incluído tamén o profesorado que estea prestando servizos no seu centro noutra especialidade por non ter ningunha hora ou menos de cinco na súa.

En todo caso, considérase profesorado desprazado por falta de horario o que, como consecuencia de traslado de ensinanzas, non puido quedar adscrito definitivamente no centro receptor, segundo dispón o artigo 7.3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente.

3. Por desempeñar outro posto na Administración pública, con perda da praza docente que desempeñaba con carácter definitivo, e sempre que cesase no último posto.

4. Por reincorporación á docencia en España, de conformidade cos artigos 10.6 e 14.4 do Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro, polo que se regula a Administración do Ministerio de Educación no exterior, por finalización da adscrición en postos ou prazas no exterior ou por algunha outra das causas legalmente establecidas.

5. En virtude de execución de sentenza ou resolución de recurso administrativo.

6. Os/as que, tras teren sido declarados xubilados por incapacidade permanente, fosen rehabilitados para o servizo activo.

Décimo primeira. Forma de exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa

O persoal docente pertencente ao corpo de mestres poderá exercer este dereito necesariamente na localidade de que dimana o dereito e poderá exercelo, igualmente, en calquera outra ou en todas as localidades do ámbito da zona. O restante profesorado poderá exercer o dereito preferente á localidade onde tivo o último destino definitivo.

Para exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa, a interesada ou o interesado deberá formalizar na cuarta folla da solicitude o código da localidade e, se é o caso, da zona en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma folla marcará cun X o suposto polo cal exerce este dereito e consignará, tamén na mesma folla, no tipo de praza, a especialidade ou especialidades de que é titular ou para as cales está habilitado/a.

O persoal docente que exerza este dereito preferente deberá especificar, na páxina 7 da solicitude, nos recadros de centro ou localidade, por orde de prioridade, os códigos dos centros ou localidades en que exerce este dereito, especificando no recadro correspondente referido a tipo de praza as siglas DPL, que significan dereito preferente a localidade. Nestes casos, no tipo de praza non se poñerá o código da especialidade.

Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa poderá realizar outras peticións de centros ou localidades, se desexa concursar a elas fóra do dereito preferente, e que virán sempre consignadas con posterioridade ás peticións en que se exerce o dereito preferente.

Nestas peticións de carácter voluntario, no recadro «tipo de praza», especificarase o código da especialidade.

Décimo segunda. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos

Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante terán que estar cumpridos ou recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Non se terán en conta aqueles méritos non alegados ou os alegados que non sexan debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base sétima, así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A). Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase por medios electrónicos a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.

Décimo terceira. Méritos que cómpre valorar

Os méritos que se deberán ter en conta neste procedemento serán os recollidos no anexo II desta orde e valoraranse con referencia ao último día de presentación de solicitudes.

Tales méritos que se van baremar deberán estar debidamente rexistrados no seu expediente e ser acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e nos prazos que se indican nesta convocatoria.

Décimo cuarta. Comisión de Avaliación

Para avaliar os méritos alegados polas persoas concursantes, no que se refire ás subepígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades designará a mesma Comisión que resulte para o concurso de traslados convocado pola Orde do 24 de outubro de 2023.

Poderá asistir ás reunións da Comisión Avaliadora unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria, con voz e sen voto.

A Comisión de Avaliación poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

As persoas membros da Comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Esta comisión de avaliación terá a súa sede na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, sita na rúa Besada, San Lázaro 107, código postal 15703.

A asignación de puntuación que lle corresponde ao persoal concursante polas restantes epígrafes do baremo de méritos será realizada por persoal destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou por unha comisión constituída por persoas funcionarias destinadas na Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).

Décimo quinta. Notificacións

As notificacións de resolucións e de actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación de conformidade co previsto nesta orde efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear, de oficio, o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo sexta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co que establece este convocatoria e as resolucións que se diten para o efecto.

Décimo sétima. Adxudicación

O concurso resolverase primeiramente atendendo aos seguintes criterios de prioridade e, posteriormente, de xeito ordinario atendendo á maior puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo II.

1. Dereito preferente a centro.

a) O dereito preferente ao centro, recollido no artigo 16 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, implica, en canto á obtención de destino, unha prelación respecto aos participantes que exerzan o dereito preferente a localidade e zona educativa.

b) Entre varios dereitos preferentes ao mesmo centro, a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base oitava desta convocatoria.

c) Se hai dous ou máis participantes con dereito a centro que participan polo mesmo punto, a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.

d) No caso de que se produzan empates na puntuación total, utilizarase como primeiro criterio de desempate o maior tempo de servizos efectivos como funcionario de carreira no centro.

e) De resultar necesario, aplicaranse os demais criterios previstos no punto terceiro desta base.

2. Dereito preferente a localidade ou zona educativa.

Coa finalidade de establecer o dereito á reserva dunha praza da localidade ou zona educativa, establecerase a seguinte prioridade:

a) Entre varios dereitos preferentes á mesma localidade a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base oitava desta convocatoria.

b) Se hai dous ou máis participantes con dereito a localidade que participan polo mesmo punto a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.

c) No suposto de que se produzan empates no total das puntuacións, aplicaranse os criterios de desempate establecidos no punto terceiro desta base.

3. Adxudicación ordinaria.

Sen prexuízo da prioridade determinada polo exercicio dos dereitos preferentes previstos na convocatoria, o concurso resolverase atendendo á puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo II.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos puntos do baremo, conforme a orde en que aparecen nel. De persistir o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas epígrafes pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. En ambos os casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder a puntuación máxima establecida para cada unha delas no baremo, nin, no suposto das subepígrafes, a que corresponda como máximo á epígrafe en que se encontren incluídas. Cando, ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes obteñan a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertencen, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto das subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterios de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola cal resultou seleccionado/a.

A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no dito proceso.

Décimo oitava. Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, baremo e adxudicación provisional, reclamacións e renuncias

Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades as actas da Comisión de Avaliación, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería, http://www.edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/s causa/s de exclusión, das puntuacións provisionais asignadas a cada unha das persoas concursantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo II desta orde, e a adxudicación provisional.

As persoas aspirantes poderán presentar, por medios electrónicos, as reclamacións, mediante o trámite de «alegacións» da súa solicitude de participación activado para este efecto na Carpeta cidadá, contra a citada resolución provisional que coiden convenientes, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no portal.

Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderán presentar reclamacións ás puntuacións outorgadas, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

Así mesmo, no mesmo prazo de dez (10) días hábiles, poderán presentar, por medios electrónicos, renuncia á súa participación, mediante o trámite de «renuncia» da súa solicitude de participación activado para este efecto na Carpeta cidadá. Esta renuncia afectará todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación.

Así mesmo, a citada renuncia deberá realizarse tamén, dentro deste mesmo prazo, na páxina web do concurso (www.edu.xunta.es/cxt) na pestana habilitada para estes efectos.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia mesmo no suposto de que non obteñan destino na resolución provisional, xa que, de non o faceren, poderán obter destino na resolución definitiva, cos efectos previstos na base seguinte.

Décimo novena. Relación definitiva de persoas admitidas e excluidas, baremo e adxudicación definitiva e recursos

Unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións e analizadas e resoltas as reclamacións e renuncias presentadas, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará unha resolución na cal aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería, http://www.edu.xunta.gal, a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/s causa/s de exclusión e das puntuacións definitivas asignadas a cada unha das persoas concursantes, así como a adxudicación das vacantes ofertadas.

As prazas a que non se opte terán a consideración de vacantes desertas e cubriranse regulamentariamente na forma que determine a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas concursantes que obteñan praza neste concurso nalgunha das especialidades non relacionadas na base quinta desta orde estarán obrigadas a obter, no prazo de dous anos contados a partir do 1 de setembro de 2024, polo menos o certificado de lingua galega (Celga 4), agás que acrediten telo superado con anterioridade ou que posúan algunha das súas validacións ou homologacións.

Vixésima. Carácter da adxudicación e efectividade

As prazas adxudicadas con carácter definitivo neste concurso específico son irrenunciables, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2024, e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto.

Vixésimo primeira. Participación simultánea no concurso xeral de traslados ou outros sistemas de provisión definitiva no curso 2023/24

O profesorado que obteña destino definitivo para o curso 2024/25 nesta convocatoria non poderá obter destino no concurso xeral de traslados nin noutros que convoque esta consellería e, para estes efectos, será excluído da participación dos procedementos de provisión definitiva convocados este curso académico 2023/24.

Vixésimo segunda. Actividades que recibirá o persoal adxudicatario

O persoal concursante que obteña destino definitivo en virtude deste concurso específico deberá realizar as actividades propias da educación de persoas adultas, incluídas as ensinanzas recollidas no número 2 do artigo 5 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo, e a atención ás ensinanzas nos centros penitenciarios, no Decreto 156/2022, do 15 de setembro, e no Decreto 157/2022, do 15 de setembro.

Así mesmo, impartirá as ensinanzas do ámbito de coñecemento atribuídas á súa especialidade, conforme o anexo III da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Vixésimo terceira. Reingreso ao servizo activo

O profesorado excedente que reingrese ao servizo activo como consecuencia do concurso presentará, ante a xefatura territorial de que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados, a declaración responsable de que non se encontra separado de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas, e o certificado negativo de antecedentes penais por delitos sexuais.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esa orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Execución

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para aplicar e desenvolver esta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO I

Código e denominación do centro

Corpo e especialidade

Nº de vacantes

15025621. EPAPU Eduardo Pondal. A Coruña

597038 Educación Primaria

597032 Lingua Estranxeira: Inglés

590005 Xeografía e Historia

590007 Física e Química

590008 Bioloxía e Xeoloxía

590011 Inglés

590015 Portugués

590018 Orientación Educativa

1

1

2

1

1

1

1

1

15025751. EPAPU Santa María de Caranza. Ferrol

597038 Educación Primaria

590006 Matemáticas

1

1

15021482. IES San Clemente. Santiago de Compostela

590001 Filosofía

590004 Lingua Castelá e Literatura

590009 Debuxo

590015 Portugués

590053 Lingua e Literatura Galega

590061 Economía

1

1

1

1

1

1

15032650. EPAPU de Teixeiro. Curtis

597032 Lingua Estranxeira: Inglés

590005 Xeografía e Historia

590053 Lingua e Literatura Galega

1

1

1

27020811. EPAPU de Bonxe. Outeiro de Rei

597038 Educación Primaria

590123 Procesos e Produtos en Madeira e Moble

1

1

27020823. EPAPU de Monterroso

27601509. EPAPU de Albeiros. Lugo

590004 Lingua Castelá e Literatura

590006 Matemáticas

590007 Física e Química

590010 Francés

590053 Lingua e Literatura Galega

590019 Tecnoloxía

1

1

1

1

1

1

32015581. EPAPU de Ourense

590004 Lingua Castelá e Literatura

590010 Francés

1

1

32020771. EPA do Pereiro de Aguiar

36018872. EPAPU Río Lérez. Pontevedra

590004 Lingua Castelá e Literatura

590007 Física e Química

590008 Bioloxía e Xeoloxía

590010 Francés

590011 Inglés

590053 Lingua e Literatura Galega

2

1

1

1

1

1

36018884. EPAPU Berbés. Vigo

597038 Educación Primaria

590005 Xeografía e Historia

590006 Matemáticas

590007 Física e Química

590008 Bioloxía e Xeoloxía

590011 Inglés

590019 Tecnoloxía

1

1

2

1

1

2

1

36024720. EPAPU Nelson Mandela. A Lama

590005 Xeografía e Historia

590019 Tecnoloxía

1

1

ANEXO II

Méritos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Antigüidade

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1. Antigüidade no centro.

1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario con destino definitivo no centro desde o cal concursa.

Para os efectos desta subepígrafe, terán a mesma valoración os servizos efectivos prestados en calquera das especialidades pertencentes ao mesmo corpo a que pertence a vacante, con independencia do corpo en que se prestasen.

Polo primeiro e segundo ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos por ano

Polo terceiro ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Polo cuarto ano e seguintes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.

6,0000 puntos por ano

Para a valoración da subepígrafe 1.1.1 teranse en conta as seguintes situacións:

– Considérase como centro desde o cal se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza a persoa aspirante con destino definitivo, ou no cal se estea adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente e serán unicamente computables por esta subepígrafe os servizos prestados como persoal funcionario no corpo a que corresponda a vacante.

– Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación desta subepígrafe virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición. Seguirase este mesmo criterio cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa, sempre que o nomeamento supoña a perda do seu destino docente.

Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o cal se participa o destino servido en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente, con posterioridade en calquera outro centro.

– Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimírselle a praza ou posto que se viña desempeñado con carácter definitivo, por perder o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase centro desde o cal se participa o último servido con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lles acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último servido con carácter definitivo. Se é o caso, a dita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lles foron suprimidos.

No suposto de que non se desempeñase outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste; neste caso, a puntuación que se outorgará axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2 do baremo.

O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación ás persoas que participen no concurso por perder o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.

– Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse servizos prestados no centro desde o cal se concursa os servizos que se acrediten no centro en que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase aos que obtiveron o primeiro destino tras perder o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe por primeira vez con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe. Unha vez obtido un novo destino, non se poderá acumular esta puntuación.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario en praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade (véxase disposición complementaria segunda).

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polas subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.

Non obstante, non se computará para estes efectos o tempo que se permanecese fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos.

2,0000 puntos

– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro ten esa cualificación ou

– Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na dita praza, posto ou centro, especificándose que teñen a cualificación de especial dificultade.

1.2. Antigüidade no corpo.

1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante:

as fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Para os efectos desta subepígrafe, terán a mesma valoración os servizos efectivos prestados en calquera das especialidades pertencentes ao mesmo corpo a que pertence a vacante, con independencia do corpo en que se prestasen.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo:

as fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior:

as fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.

0,7500 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

– Nos supostos recollidos neste número 1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade tanto no centro como no corpo, valoraránselle os servizos prestados como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes plásticas e de oficios artísticos.

– Os servizos aludidos nas subepígrafes 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servizos das subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.

– Para os efectos das subepígrafes 1.1.1, 1.1.2, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, serán computados os servizos que se prestasen en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nas epígrafes previstas no artigo 87 do TREBEP, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente será computado, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarado de acordo co artigo 89.4 do citado TREBEP, que non poderá exceder os tres anos.

2. Pertenza aos corpos de catedráticos.

Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

5,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.

3. Méritos académicos:

Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español (véxase disposición complementaria terceira).

Máximo:

10 puntos

3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:

3.1.1. Por posuír o título de doutor:

5,0000 puntos

Título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación, expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo), na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor, ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

3.1.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixiran, polo menos, 60 créditos.

3,0000 puntos

3.1.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Este mérito non se valorará cando sexa alegado o título de doutor.

2,0000 puntos

Certificado-diploma correspondente.

3.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios superiores de música, pola mención honorífica no grao superior.

1,0000 punto

Documentación xustificativa deste.

3.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non sexan as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte:

3.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

5,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 3.1.1.

3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por esta epígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente.

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que sexa necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitan a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

3,0000 puntos

Todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos ditos títulos ou ciclos.

3.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos desta natureza que sexa necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

3,0000 puntos

3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional:

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as da formación profesional, no caso de non seren as exixidas como requisito para ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non sexan necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:

Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:

Título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do dito título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención, xunto coa xustificación de ter pagado os dereitos de expedición do título ou certificado correspondente. Para valorar as titulacións da alínea e), deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos ditos títulos, xunto coa xustificación de ter pagado os dereitos de expedición do título ou certificado correspondente.

a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:

4,0000 puntos

b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:

3,0000 puntos

c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:

2,0000 puntos

d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:

1,0000 punto

Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente o participante.

e) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de Formación Profesional ou equivalente:

2,0000 puntos

f) Por cada título profesional de Música ou Danza:

1,5000 puntos

4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións:

(Véxase disposición complementaria cuarta)

Máximo:

20 puntos

4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura españolas:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, en que consten as tomas de posesión e cesamento nos ditos cargos ou do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.

4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,2083 puntos por cada mes completo.

2,5000 puntos

4.3. Outras funcións docentes:

Ata 5,0000 puntos

Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a Ciedix, asesor/a CGIFP, coordinador/a de centro plurilingüe, coordinador/a de sección bilingüe, coordinador/a de auxiliares de conversa, responsable/coordinador/a do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable /coordinador/a da dinamización das TIC, responsable/coordinador/a de biblioteca, responsable/coordinador/a da convivencia escolar, responsable de dinamización da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinador/a do equipo de dinamización da lingua galega, coordinador/a de formación en centros de traballo, coordinador/a do bacharelato internacional, coordinador/a de emprendemento, coordinador/a do equipo de dinamización do Plan dixital de centro, coordinador/a de benestar e convivencia, coordinador/a de programas internacionais, coordinador/a de innovación e formación do profesorado, coordinador/a de biblioteca de centro integrado, coordinador/a de residencia, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor Abalar, asesor/a Siega, asesor/a da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE.

A fracción de ano computarase a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo. A fracción de ano computarase a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

1,0000 punto

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, en que consten as tomas de posesión e cesamento nas ditas funcións, ou do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente.

Polas subepígrafes 4.1, 4.2, 4.3, 6.4 e 6.6 só se valorará o seu desempeño como persoal funcionario. No caso de que se desempeñe simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non se poderá acumular a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos ditos cargos como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

5. Formación e perfeccionamento.

Máximo:

10 puntos

5.1. Actividades de formación superadas

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as ditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Ata 6,0000 puntos

Certificado destas expedido pola entidade organizadora, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa.

Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 5.1.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 3,0000 puntos

Certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa.

5.3. Por cada especialidade da cal sexa titular, correspondente ao corpo polo que se concursa e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previstas no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro.

(Para os efectos desta subepígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).

1,0000 punto

Credencial de adquisición da nova especialidade, expedida pola Administración educativa correspondente.

6. Outros méritos:

Máximo:

15 puntos

6.1. Publicacións:

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.

Para a valoración destas publicacións, deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta subepígrafe coas exixencias que así se indican.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor: ata 1,000 punto.

– Coautor: ata 0,5000 puntos.

– 3 autores: ata 0,4000 puntos.

– 4 autores: ata 0,3000 puntos.

– 5 autores: ata 0,2000 puntos.

– Máis de 5 autores: ata 0,1000 puntos.

Ata 8,0000 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:
* Portada e contraportada do libro, certificado da editorial onde consten o título do libro, persoas autoras, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librerías comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

No suposto de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor: ata 0,2000 puntos.

– Coautor: ata 0,1000 punto.

– 3 ou máis autores: ata 0,0500 puntos.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

* Portada e contraportada da revista, certificado en que consten o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

– En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundisen en establecementos comerciais: certificado onde consten o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

– No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicaranse a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.

– No caso de publicacións que soamente se dan en formato electrónico, presentarase un informe no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicaranse a base de datos, o título da publicación, os autores, o ano e a URL.

6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas.

Pola participación en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación.

Ata 2,5000 puntos

A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente.

6.3. Méritos artísticos e literarios:

– Por premios en exposicións, en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

– Por composicións ou coreografías estreadas como autor ou gravacións con depósito legal.

– Concertos como director, solista, bailarín/a, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos…).

– Por exposicións individuais ou colectivas.

Ata 2,5000 puntos

No caso de exposicións: programas onde conste a participación do interesado e certificación da entidade organizadora.

No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde consten o nome
do/dos premiado/s, o seu ámbito e a categoría do premio.

No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é o autor e o depósito legal desta.

No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é o autor ou intérprete e o depósito legal desta.

No caso dos concertos: programas onde conste a participación do interesado e certificación da entidade organizadora onde consten a realización do concerto e a participación como director/a, solista ou solista con orquestra/grupo.

6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1200 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no posto.

6.5. Por cada convocatoria en que se actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE.

Por esta subepígrafe unicamente se valorará ter formado parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo).

0,5000 puntos

Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos.

6.6. Por cada curso de titorización das prácticas do título universitario oficial de máster ou, se é o caso, da formación equivalente regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro (BOE do 5 de outubro), para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titorización das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran.

0,1000 punto

Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, do director do centro público docente en que se realizase a titorización, con indicación do curso académico e da duración das prácticas.

7. Méritos específicos

Valoración

Documentos xustificativos

7.1. Por cada curso superado que teña por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos da educación permanente de persoas adultas, 0,20 puntos por cada 10 horas organizadas polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as ditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Certificado destas pola entidade organizadora, no cal conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa.

7.2. Por cada ano de experiencia no ensino de persoas adultas en centros específicos de EPA, IES San Clemente, Ingabad, Cegebad e as súas extensións, 4 puntos por ano.

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Disposición complementaria primeira

Os méritos alegados polas persoas participantes teranse cumprido ou teranse recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos que se posúan ata a finalización deste.

Disposición complementaria segunda. Antigüidade

Procederá outorgarlles puntuación pola subepígrafe 1.1.3 aos participantes no concurso que se encontren nas seguintes situacións:

a) Os que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.1 con destino definitivo na praza, posto ou centro de especial dificultade.

b) Os que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.2 e durante o tempo de provisionalidade estean nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.

c) Os participantes das subepígrafes 1.1.1 e 1.1.2 que teñan concedida unha comisión de servizos noutra praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.

Disposición complementaria terceira. Méritos académicos

1. Para poderen obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.

2. Na subepígrafe 3.1 soamente se valorará un titulo por cada un deles. Non se baremará pola subepígrafe 3.1.2 ningún título de máster exixido para o ingreso na función pública docente. Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 3.1.2, cando se alegue o título de doutor non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.

O máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas unicamente se valorará naqueles corpos en que non é exixible.

3. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da subepígrafe 3.2 non se considerarán títulos distintos as diferentes mencións que se asenten nunha titulación.

4. Os títulos universitarios obtidos no estranxeiro deberán estar homologados ou ter sido declarados equivalentes á titulación e ao nivel universitario oficial, de conformidade co establecido polo Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.

5. Non se baremarán polas subepígrafes 3.1 e 3.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.

6. Na subepígrafe 3.2 non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

Disposición complementaria cuarta. Valoración dos cargos directivos e outras funcións

1. Para os efectos previstos nas subepígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

– Institutos de bacharelato.

– Centros integrados de formación profesional.

– Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que os centros aos cales se refiren estas subepígrafes.

– Centros de ensinanzas integradas.

Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:

– Conservatorios superiores de música ou danza.

– Conservatorios profesionais de música ou danza.

– Conservatorios elementais de música.

– Escolas superiores de arte dramática.

– Escola superior de canto.

Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos asimilados ás escolas de artes plásticas e deseño os seguintes:

– Escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

– Escolas de arte.

– Escolas de arte e superiores de deseño.

– Escolas superiores de deseño.

– Escolas de restauración e conservación de bens culturais.

2. Para os efectos previstos na subepígrafe 4.2 do baremo de méritos, consideraranse cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

– Secretario/a adxunto/a.

– Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.

– Xefe/a de estudos adxunto/a.

– Xefe/a de residencia.

– Delegado/a do xefe/a de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

– Director/a-xefe de estudos de sección delegada.

– Director/a de sección filial.

– Director/a de centro oficial de padroado de ensino medio.

– Administrador/a en centros de formación profesional.

– Profesor/a delegado/a no caso da sección de formación profesional.

Disposición complementaria quinta

Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables pola subepígrafe 5.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando, simultaneamente, se acredite a realización dos correspondentes cursos. Así mesmo, puntuaranse por esta subepígrafe 5.1 os cursos de especialización.

Disposición complementaria sexta

O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude e o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuarán na subepígrafe 3.3 como nivel B2.

O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental e o nivel intermedio B1 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuarán na subepígrafe 3.3 como nivel B1.

Disposición complementaria sétima

En relación coa puntuación das subepígrafes 6.1 e 6.3, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutouramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola Comisión Baremadora do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.

Disposición complementaria oitava

As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas nos artigos 32 a 40 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado en Galicia, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das Actividades de Formación do Profesorado.

Disposición complementaria novena

As actividades de formación que se valoran pola subepígrafe 7.1 non se baremarán na subepígrafe 5.1.

Porén, a baremación dos anos de experiencia da subepígrafe 7.2 son compatibles coa súa valoración na epígrafe 1.

Disposición complementaria décima

Para os efectos de desempate, a puntuación outorgada ao persoal que accedeu por concurso de méritos será a que lle correspondería proporcionalmente se o baremo deste concurso tivese unha puntuación máxima de 10 puntos.

Disposición complementaria décimo primeira. Criterios de valoración dos números 6.1, 6.2 e 6.3 do concurso de traslados

6.1. Publicacións: ata 8 puntos.

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o/a autor/a sexa o seu editor/a.

Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.

Con carácter xeral, valoraranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.

Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.

Puntuación específica que se lles poderá asignar aos méritos baremables por esta epígrafe:

Recensións e colaboracións en revistas, libros, etc., así como a impresión de folletos, programas, etc.:

1 autor ou colaborador

2 autores ou colaboradores

Máis de 2 autores ou colaboradores

0,025

0,0125

0,00625

Tradución dunha revista:

Autor

2 autores

Máis de 2 autores

0,1

0,05

0,025

Tradución ou ilustración dun libro

1 tradutor ou ilustrador

2 tradutores ou ilustradores

3 tradutores ou ilustradores

4 tradutores ou ilustradores

5 tradutores ou ilustradores

Máis de 5 de tradutores

0,5

0,25

0,166

0,125

0,1

0,05

Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 ou máis autores

0,2

0,1

0,05

Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

Autor

2 autores

3 autores

4 autores

5 autores

Máis de 5 autores

1

0,5

0,4

0,3

0,2

0,1

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que así se indican a continuación:

– No caso de libros, a seguinte documentación:

* Portada e contraportada do libro, certificado da editorial onde consten o título do libro, persoas autoras, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

No caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado deberán de xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

* Portada e contraportada da revista, certificado en que consten o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais: certificado onde consten o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicaranse a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.

6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación, ou pola participación nestes proxectos: ata 2,5 puntos.

Nesta epígrafe non se valorarán as actividades convocadas pola universidade.

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

Premios

Accésit

Puntuación

1

0,75

0,5

0,25

A participación nun proxecto de investigación ou innovación valorarase con 0,15 puntos.

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

Para a valoración destes premios e actividades deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:

A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente (non por centros docentes).

6.3. Méritos artísticos e literarios: ata 2,5 puntos.

– Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional:

Con carácter xeral, non se valorarán os premios convocados en ámbitos restrinxidos.

* Por premios en concursos ou en certames literarios de ámbito autonómico, nacional ou internacional:

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

Premios

Accésit

Puntuación

1

0,75

0,5

0,25

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

* Por premios en exposicións, en concursos ou en certames artísticos:

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

Premios

Accésit

Internacionais

1,5

1

0,5

0,25

Nacionais

1

0,75

0,4

0,2

Autonómicos

0,5

0,25

0,10

0,05

Locais

0,25

0,15

0,05

0,025

No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, por catro).

Para a valoración destes premios artísticos e literarios deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:

Certificado da entidade que emite o premio, onde consten o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.

– Por composicións estreadas como autor ou gravacións con depósito legal:

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

Composicións ou gravacións:

1 autor

coautor

3 autores

4 autores

5 autores

Máis de 5 autores

1

0,5

0,4

0,3

0,2

0,1

Gravacións:

1 intérprete

2 intérpretes

3 intérpretes

4 intérpretes

5 intérpretes

Máis de 5 intérpretes

0,5

0,25

0,166

0,125

0,1

0,05

Cando unha obra é puntuada como composición non pode ser valorada como gravación. Si é compatible a puntuación de intérprete e autor.

Para a valoración destas composicións e gravacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:

No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta. As alegacións valoradas por esta epígrafe non se terán en conta na epígrafe 6.1.

No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.

– Concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...).

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

A/B/C

Director, solista, compositor.

Protagonista

Participante en grupos de cámara ou similar
(< 15 compoñentes).

Actor secundario

Integrante de orquestras, bandas, coros, non de cámara.

Actor secundario/ figuración

Repertorio sinfónica: coro, orquestra, banda.

Obra de teatro de gran formato, zarzuela (<1,5 h de duración)

1 / 0,5 / 0,25

0,5 / 0,25 / 0,1

0,25 / 0,1 / 0,05

Outros xéneros:

(flamenco, jazz, etc.)

Pezas breves (0,5 – 1 h)

0,5 /0,25 / 0,1

0,25 / 0,1 / 0,05

0,1 / 0,05 / 0,025

Música lixeira, rock, etc.

Lectura dramatizada, recital de poemas, etc.

0,25 / 0,1 / 0,05

0,1 / 0,05 / 0,025

0,05 / 0,025 / 0,01

A: primeira categoría: concerto de importancia internacional.

B: segunda categoría: importancia nacional.

C: terceira categoría: importancia autonómica.

A puntuación dividirase polo número de directores e solistas.

Para a valoración destes concertos ou obras deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:

No caso de concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora onde consten a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo.

No caso das obras: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora onde consten a realización da obra e a participación como protagonista, actor/actriz secundario/a ou actor/actriz de elenco/figuración.

– Por exposicións individuais ou colectivas:

Puntuación específica que se lles asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:

Exposición individual: 2,5 puntos

Exposición de obra seleccionada en concursos (certificación):

– Internacionais:

– Nacionais:

– Autonómicas:

0,5

0,25

0,125

Esta puntuación é incompatible con premios en exposicións.

Exposición colectiva: =0,5/número de artistas.

Mínimo: 0,025

Para a valoración destas exposicións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:

Programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora (museos, fundacións, administracións). Nos concursos, certificado onde se especifique a concesión deste.