O Decreto 120/1998, do 23 de abril (Diario Oficial de Galicia do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O artigo 1, número 2, deste decreto establécese que nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria, nas condicións que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades determine, crearase un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización. Este departamento estará coordinado por unha mestra/mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefa/xefe do dito departamento.
Pola súa parte, o artigo 13 do referido decreto establece que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades cubrirá o posto de traballo do responsable do departamento de orientación naqueles colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se determine, a través dun concurso de méritos específico entre o persoal funcionario do corpo de mestres. Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en Psicopedagoxía; doutoramento, licenciatura ou grao en Pedagoxía ou en Psicoloxía; doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito decreto.
Mediante a Orde de 2 de xuño de 2021 regulouse o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
Nesta orde regúlase como se actualiza o expediente persoal e que todos os datos que consten neste se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros que sexan necesarios para a xestión do persoal docente.
Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, autorízase a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para ditar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do que nel se establece.
Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
DISPÓN:
Primeira. Obxecto
Convocar concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria (código de procedemento ED013A).
Segunda. Vacantes que se convocan
As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo III desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo IV.
As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base que é o centro que aparece no primeiro lugar.
Tanto os departamentos de orientación únicos como os departamentos de orientación compartidos abrangueran no seu ámbito de actuación os centros que, se é o caso, se lles adscriban.
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, no anexo III relaciónanse os centros que previsiblemente terán adscritos no curso académico 2024/25.
Terceira. Requisito de acreditación de coñecemento da lingua galega
Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superaron a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.
Cuarta. Persoal participante
Poderá participar na presente convocatoria:
a) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen ao rematar este curso académico polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
Entendese incluído o persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.
b) Así mesmo, poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
c) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, estando adscrito a prazas no exterior, deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2024/25.
d) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que estea en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais.
e) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria transcorrese un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.
f) O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade convocado pola Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciado mediante a Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).
As persoas participantes no concurso por esta alínea f) farano con cero puntos.
Quinta. Forma de participación
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013A).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Documentación complementaria.
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico. Non obstante, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
2.1. Persoal concursante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que figuren no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.
O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que figuran no seu expediente mediante a pestana que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de traslados específico. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria, así como a puntuación total e por apartados, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.
Para estes efectos, a baremación das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada deberá marcar a opción de «Acóllome ao baremo do último concurso no que participei» na solicitude de actualización do expediente e non será necesario neste caso a presentación desta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron ou se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 2.2.1 desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.
De estar conforme coa puntuación outorgada, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso específico de acordo co establecido no punto primeiro desta base.
2.2. Persoal concursante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta desta orde, o persoal docente que participe no concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa tivese presentado electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II.
A baremación destas epígrafes é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.
No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participou deberá marcar a opción de «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei» na pestana correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa tivese presentado electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
Se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar na pestana correspondente da solicitude de actualización do expediente a opción de «Non me acollo ao baremo e quero volver alegar todo» e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa tivese presentado electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir. Neste concreto suposto, no procedemento con código ED011A deberá achegar xunto coa solicitude toda a documentación para a cal solicita baremación relativa a estas epígrafes.
No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á antedita documentación xustificativa, deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que poden consultarse na pestana Presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos», que figuran na guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento con código ED011A.
2.3. Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.
A Comisión de Baremación será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento con código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.
A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso específico cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, pola Comisión de Baremación e poderá ser consultada polo persoal concursante na pestana «Baremo» existente na solicitude de participación do concurso.
3. Comprobación de datos.
3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Sexta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, mediante o procedemento normalizado ED013A, será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na número 2 da base quinta, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso específico.
Sétima. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación de conformidade co previsto nesta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.
Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Oitava. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Novena. Forma de realizar as peticións
O persoal asinante da solicitude deberá manifestar nela, de modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria, consignando os centros que solicita por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos III e IV desta orde.
Décima. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos
Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante teranse cumprido ou teranse recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, agás o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán en 31 de agosto de 2024.
Non serán tidos en conta aqueles méritos non alegados ou os alegados que non sexan debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta, así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A), agás no suposto excepcional previsto nesta convocatoria para os documentos de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica. Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase por medios electrónicos a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.
Décimo primeira. Dereito preferente
O persoal docente que se acolla ao dereito preferente farao constar na súa solicitude, indicando a causa en que apoia a súa petición.
Para os efectos de adxudicación de prazas só se terá en conta o seguinte dereito preferente:
Terán dereito preferente a centro, localidade ou zona, o persoal funcionario docente do corpo de mestres a que se lle suprimise o seu posto de traballo, sempre que continúe nesa situación e non perdese o dereito preferente consonte a normativa que regula o concurso de traslados e o persoal funcionario docente do corpo de mestres desprazado por falta de horario, entendendo por desprazado o persoal docente que non ten ningunha hora de docencia da súa especialidade, que posúa algunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en Psicopedagoxía, doutoramento, licenciatura ou grao en Pedagoxía, ou en Psicoloxía, doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía) ou que fose diplomado nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.
Cando existan varias mestras ou mestres que exercen o dereito preferente, adxudicarase tendo en conta o establecido para os concursos xerais de traslados.
Décimo segunda. Prioridade na adxudicación das prazas
1. Para a provisión das prazas que se cubrirán neste concurso, cando non se adxudiquen a través dos dereitos preferentes establecidos na base décimo primeira, terán prioridade as mestras ou mestres que posúan algunha das titulacións relacionadas na citada base. No suposto de concorrer máis dunha persoa aspirante, dirimiranse pola aplicación do baremo establecido no anexo II.
No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo, conforme a orde en que aparecen nel. Se persiste o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas epígrafes pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. En ambos os dous casos, a puntuación que se tome en consideración en cada apartado ou epígrafe non poderá exceder a puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo nin, no suposto das subepígrafes, a que corresponda como máximo á epígrafe en que estean incluídas. Cando, ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada a epígrafe a que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionada.
2. A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no devandito proceso.
Décimo terceira. Comisión de Avaliación
1. Para a avaliación dos méritos alegados polo persoal concursante, no que se refire ás epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades designará a mesma comisión que resulte para o concurso de traslados de ámbito autonómico.
A asignación de puntuación que corresponde ás persoas concursantes, polos restantes apartados do baremo de méritos, será realizada por persoal destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou por unha comisión constituída por persoal funcionario destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).
2. Poderá asistir ás reunións da Comisión de Avaliación dos méritos relativos ás epígrafes 6.1 e 6.3 do baremo unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.
Décimo cuarta. Resolución provisional do concurso
Unha vez recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades as actas da Comisión de Avaliación, coas puntuacións asignadas ao persoal concursante, procederase, conforme as peticións e os méritos do persoal participante, á adxudicación provisional dos destinos e farase pública mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na páxina web desta consellería (www.edu.xunta.gal/).
Décimo quinta. Reclamacións e renuncias
O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación provisional na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal).
Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.
Así mesmo, no mesmo prazo de dez (10) días hábiles, poderá presentar renuncia á súa participación no concurso por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá. Esta renuncia afectará todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación. A renuncia deberá realizarse tamén, dentro deste mesmo prazo, na páxina web do concurso (www.edu.xunta.gal/cxt) na pestana habilitada para estes efectos.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva, cos efectos previstos na base seguinte.
Décimo sexta. Resolución definitiva
Consideradas, se é o caso, as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a ditar a resolución definitiva da adxudicación. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web desta consellería (www.edu.xunta.gal).
O prazo máximo para resolver e publicar a resolución definitiva non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse rexeitadas por silencio administrativo.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Décimo sétima. Toma de posesión
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino no presente concurso exercerá a xefatura do departamento de orientación con carácter definitivo e tomará posesión con efectividade do 1 de setembro de 2024.
Décimo oitava. Desprazamento aos centros adscritos
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que resulte adscrito ás xefaturas dos departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria está obrigado a desprazarse, ademais de aos centros compartidos, aos centros a que sexa adscrito, conforme o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.
Décima novena. Constitución dos departamentos de orientación
Nos colexios públicos de educación infantil e primaria e nos de educación primaria en que a praza de xefatura do departamento de orientación sexa provista na resolución da presente convocatoria constituirase o departamento de orientación, que terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición adicional primeira. Participación simultánea no concurso xeral de traslados
O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.
Disposición adicional segunda. Recursos
De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
ANEXO II
Baremo
Méritos |
Valoración |
Documentos xustificativos |
1. Antigüidade |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
|
1.1. Antigüidade no centro. 1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario con destino definitivo no centro desde o cal concursa. Para os efectos desta subepígrafe unicamente serán computables os servizos prestados como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante. |
||
Polo primeiro e segundo ano: A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. |
2,0000 puntos por ano |
|
Polo terceiro ano: A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo. |
4,0000 puntos por ano |
|
Polo cuarto ano e seguintes: A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo. |
6,0000 puntos por ano |
|
Para a valoración da subepígrafe 1.1.1 teranse en conta as seguintes situacións: – Considérase como centro desde o cal se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza o persoal aspirante con destino definitivo, ou en que se estea adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, e serán unicamente computables por esta subepígrafe os servizos prestados como persoal funcionario no corpo a que corresponda a vacante. – Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación desta subepígrafe virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na devandita adscrición. Seguirase este mesmo criterio cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa, sempre que o nomeamento supuxese a perda do seu destino docente. Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o cal se participa o destino servido en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente, con posterioridade en calquera outro centro. – Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimírselle a praza ou posto que se viña desempeñado con carácter definitivo, por perder o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase centro desde o cal se participa o último servido con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lles acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último servido con carácter definitivo. Se é o caso, a devandita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lles foron suprimidos. No suposto de que non se desempeñase outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste; neste caso a puntuación que se outorgará axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2 do baremo. O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación aos que participen no concurso por perder o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino. – Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse servizos prestados no centro desde o que se concursa os servizos que se acrediten no centro en que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase aos que obtiveron o primeiro destino tras perderen o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa. |
||
1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación: A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe por primeira vez con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe. Unha vez obtido un novo destino, non poderá acumularse esta puntuación. |
2,0000 puntos |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario en praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade (ver disposición complementaria segunda). A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polas subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2. Non obstante, non se computará para estes efectos o tempo que se permanecese fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos. |
2,0000 puntos |
– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro, ten esa cualificación ou – Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na devandita praza, posto ou centro, especificando que teñen a cualificación de especial dificultade. |
1.2. Antigüidade no corpo |
||
1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante: As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. |
2,0000 puntos |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal. |
1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo: As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo. |
1,5000 puntos |
|
1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior: As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo. |
0,7500 puntos |
|
– Nos supostos recollidos neste número 1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade tanto no centro como no corpo, valoraránselles os servizos prestados como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes plásticas e de oficios artísticos. – Os servizos aludidos nas subepígrafes 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servizos das subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2. – Para os efectos das subepígrafes 1.1.1, 1.1.2, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, serán computados os servizos que se prestasen en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nas epígrafes previstas no artigo 87 do TRLEBEP aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente, será computado, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 do citado TRLEBEP que non poderá exceder os tres anos. |
||
2. Pertenza aos corpos de catedráticos. Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño. |
5,0000 puntos |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento. |
3. Méritos académicos: Para os efectos da súa valoración por este apartado, unicamente se terán en conta os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español (ver disposición complementaria terceira) |
Máximo 10 puntos |
|
3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios: |
||
3.1.1. Por posuír o título de doutor: |
5,0000 puntos |
Título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro, e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo), ou na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor (BOE do 21 de agosto), ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto). |
3.1.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos. |
3,0000 puntos |
|
3.1.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora, ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados. Este mérito non se valorará cando sexa alegado o título de doutor |
2,0000 puntos |
Certificado-diplomada correspondente. |
3.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios superiores de música, pola mención honorífica no grao superior. |
1,0000 puntos |
Documentación xustificativa deste. |
3.2. Outras titulacións universitarias: As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte: |
||
3.2.1. Titulacións de grao: Polo título universitario oficial de grao ou equivalente. |
5,0000 puntos |
A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 3.1.1. |
3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo: Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría: No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente. No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente. Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos. |
3,0000 puntos |
Todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos devanditos títulos ou ciclos. |
3.2.3. Titulacións de segundo ciclo: Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente. As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado unicamente se valorarán como un segundo ciclo. |
3,0000 puntos |
|
3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional: As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as da formación profesional, caso de non ser as exixidas como requisito para ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non fosen necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte: |
Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza: certificado/título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención. Para valorar as titulacións da epígrafe e) deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos. |
|
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa: |
4,0000 puntos |
|
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa: |
3,0000 puntos |
|
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa: |
2,0000 puntos |
|
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa: |
1,0000 puntos |
|
Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente o persoal participante. |
||
e) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente: |
2,0000 puntos |
|
f) Por cada título profesional de música ou danza: |
1,5000 puntos |
|
4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións: (ver disposición complementaria cuarta) |
Máximo 20 puntos |
|
4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura españolas: A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo. |
4,0000 puntos |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nos devanditos cargos ou nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo. |
4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes: A fracción de ano computarase a razón de 0,2083 puntos por cada mes completo. |
2,5000 puntos |
|
4.3. Outras funcións docentes: |
Ata 5,0000 puntos |
|
Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a Ciedix, asesor/a CGIFP, coordinador/a de centro plurilingüe, coordinador/a de sección bilingüe, coordinador/a de auxiliares de conversa, responsable/coordinador do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinador/a da dinamización das TIC, responsable/coordinador/a de biblioteca, responsable/coordinador/a da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinador/a do equipo de dinamización da lingua galega, coordinador/a de formación en centros de traballo, coordinador/a do bacharelato internacional, coordinador/a de emprendemento, coordinador do equipo de dinamización do Plan dixital de centro, coordinador de benestar e convivencia coordinador/a de programas internacionais, coordinador/a de innovación e formación do profesorado, coordinador/a de biblioteca de centro integrado, coordinador/a de residencia, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor Abalar, asesor/a Siega, asesor/a da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE. A fracción de ano computarase a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo. |
1,0000 puntos |
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nas devanditas funcións, ou nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente. |
Polas epígrafes 4.1, 4.2, 4.3, 6.4 e 6.6 só se valorará o seu desempeño como persoal funcionario. No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos devanditos cargos como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos. |
||
5. Formación e perfeccionamento: |
Máximo 10 puntos |
|
5.1. Actividades de formación superadas: Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades. Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas. |
Ata 6,0000 puntos |
Certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa. |
5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 5.1. Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades viñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas. |
Ata 3,0000 puntos |
Certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no Rexistro de Formación da Administración educativa. |
5.3. Por cada especialidade de que sexa titular correspondente ao corpo polo que se concursa e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previstas no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, no Real decreto 334/2004, do 27 de febreiro, e no Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. (Para os efectos desta epígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores). |
1,0000 puntos |
Credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente. |
6. Outros méritos: |
Máximo 15 puntos |
|
6.1. Publicacións: Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar. Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o seu editor. Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta epígrafe coas exixencias que se señalan. Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe: a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico): – Autor …….....………….....….. ata 1,000 punto – Coautor …………...........….... ata 0,5000 puntos – 3 autores ………........…….… ata 0,4000 puntos – 4 autores …….…................... ata 0,3000 puntos – 5 autores ………….…........... ata 0,2000 puntos – Máis de 5 autores …........... . ata 0,1000 puntos. b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico): – Autor …………………............. ata 0,2000 puntos – Coautor ……....……................ ata 0,1000 punto – 3 ou máis autores …............… ata 0,0500 puntos |
Ata 8,0000 puntos |
– No caso de libros, a seguinte documentación: * Portada e contraportada do libro, certificado da editorial onde conste o título do libro, persoas autoras, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais. * En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundisen en librarías comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.). Para o caso de que a editorial ou asociación tivese desaparecido, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito. – No caso de revistas, a seguinte documentación: * Portada e contraportada da revista, certificado en que conste o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN o ISMN, depósito legal e data de edición. En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundisen en establecementos comerciais: certificado onde conste o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais etc.). Para o caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL. |
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas. Pola participación en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación. |
Ata 2,5000 puntos |
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente. |
6.3. Méritos artísticos e literarios: – Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional. – Por composicións ou coreografías estreadas como autor ou gravacións con depósito legal. – Concertos como director, solista, bailarín/a, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos …). – Por exposicións individuais ou colectivas. |
Ata 2,5000 puntos |
No caso de exposicións: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora. No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio. No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta. No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta. No caso dos concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo. |
6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa. A fracción de ano computarase a razón de 0,1200 puntos por cada mes completo. |
1,5000 puntos |
Copia simple do nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no posto. |
6.5. Por cada convocatoria en que se actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE. Por esta epígrafe unicamente se valorará ter formado parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo). |
0,500 puntos |
Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos. |
6.6. Por cada curso de titorización das prácticas do título universitario oficial de máster ou, se é o caso, da formación equivalente regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro (BOE do 5 de outubro), para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titorización das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran. |
0,1000 puntos |
Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, do director do centro público docente en que se realizase a titorización, con indicación do curso académico e duración das prácticas. |
7. Outros méritos relacionados co posto: 7.1. Por ter a habilitación/especialización en Pedagoxía Terapéutica ou en Audición e Linguaxe: 2 puntos por especialidade. 7.2 Pola coordinación do departamento de orientación ou polo desempeño da xefatura do departamento de orientación nun centro: 2 puntos por ano. As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. 7.3. Por cada ano de servizo na especialidade de Pedagoxía Terapéutica ou Audición e Linguaxe: 1 punto por ano. As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo. 7.4 Os anos de servizo activo nos EPSA ou nos EOE ou no Gabinete Psicopedagóxico da Consellería: 2 puntos por ano. As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo. |
Documentos acreditativos. Documentos acreditativos. Nomeamento e cesamento correspondente. Nomeamento e cesamento correspondente. |
Disposición complementaria primeira
Os méritos alegados polas persoas participantes teranse cumprido ou teranse recoñecidos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.
Disposición complementaria segunda. Antigüidade
Procederá asignar puntuación pola subepígrafe 1.1.3 ás persoas participantes no concurso que se encontren nas seguintes situacións:
a) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.1 con destino definitivo en praza, posto ou centro de especial dificultade.
b) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.2 e durante o tempo de provisionalidade que estivesen nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.
c) As persoas participantes das subepígrafes 1.1.1 e 1.1.2 que teñan concedida unha comisión de servizos noutra praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.
Disposición complementaria terceira. Méritos académicos
1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.
2. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da epígrafe 3.2, non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións que se asenten nunha mesma titulación.
3. Nas epígrafes do 3.1 soamente se valorará un título por cada unha delas. Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 3.1.2, cando se alegue o título de doutoramento non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.
4. Os títulos universitarios obtidos no estranxeiro deberán estar homologados ou ter sido declarados equivalentes á titulación e nivel universitario oficial, de conformidade co establecido polo Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.
No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
5. Non se baremarán polas epígrafes 3.1 e 3.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.
6. Na epígrafe 3.2 non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.
Disposición complementaria cuarta. Valoración dos cargos directivos e outras funcións
1. Para os efectos previstos nas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Institutos de bacharelato.
– Centros integrados de formación profesional.
– Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que os centros aos cales se refiren estes epígrafes.
– Centros de ensinanzas integradas.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:
– Conservatorios superiores de música ou danza.
– Conservatorios profesionais de música ou danza.
– Conservatorios elementais de música.
– Escolas superiores de artes dramáticas.
– Escola superior de canto.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos asimilados ás escolas de artes plásticas e deseño os seguintes:
– Escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.
– Escolas de arte.
– Escolas de arte e superiores de deseño.
– Escolas superiores de deseño.
– Escolas de restauración e conservación de bens culturais.
2. Para os efectos previstos na epígrafe 4.2 do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Secretario/a adxunto/a.
– Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.
– Xefe/a de estudos adxunto/a.
– Xefe/a de residencia.
– Delegado/a do xefe/a de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.
– Director/a-xefe/a de estudos de sección delegada.
– Director/a de sección filial.
– Director/a de centro oficial de padroado de ensino medio.
– Administrador/a en centros de formación profesional.
– Profesor/a delegado/a no caso da sección de formación profesional.
Disposición complementaria quinta
Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables pola epígrafe 5.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Así mesmo, puntuaranse por esta epígrafe 5.1 os cursos de especialización de lingua galega.
Disposición complementaria sexta
O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude certificados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuarán na epígrafe 3.3 como nivel B2.
O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental certificados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuarán na epígrafe 3.3 como nivel B1.
Disposición complementaria sétima
En relación coa puntuación das epígrafes 6.1 e 6.3, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión de Avaliación do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.
Disposición complementaria oitava
As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas nos artigos 32 a 40 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das Actividades de Formación do Profesorado.
Disposición complementaria novena
As epígrafes 7.2, 7.3 e 7.4 baremaranse sempre e cando se prestasen servizos efectivos neses postos.
Disposición complementaria décima
Para os efectos de desempate, a puntuación outorgada ao persoal que accedeu por concurso de méritos será a que lle correspondería proporcionalmente se o baremo deste concurso tivese unha puntuación máxima de 10 puntos.
Disposición complementaria décimo primeira. Criterios de valoración das epígrafes 6.1, 6.2 e 6.3 do concurso de traslados
6.1. Publicacións: ata 8 puntos.
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o/a autor/a sexa o seu/a súa editor/a.
Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.
Con carácter xeral valoraranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.
Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.
Puntuación específica que se poderá asignar aos méritos baremables por esta epígrafe:
Recensións e colaboracións en revistas, libros, etc., así como a impresión de folletos, programas, etc.: 1 autor ou colaborador 2 autores ou colaboradores Máis de 2 autores ou colaboradores |
0,025 0,0125 0,00625 |
Tradución dunha revista: Autor 2 autores Máis de 2 autores |
0,1 0,05 0,025 |
Tradución ou ilustración dun libro 1 tradutor ou ilustrador 2 tradutores ou ilustradores 3 tradutores ou ilustradores 4 tradutores ou ilustradores 5 tradutores ou ilustradores Máis de 5 de tradutores |
0,5 0,25 0,166 0,125 0,1 0,05 |
Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico): Autor 2 autores 3 ou máis autores |
0,2 0,1 0,05 |
Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico): Autor 2 autores 3 autores 4 autores 5 autores Máis de 5 autores |
1 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 |
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
– No caso de libros, a seguinte documentación:
* Portada e contraportada do libro, certificado da editorial onde conste o título do libro, persoas autoras, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
No caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* Portada e contraportada da revista, certificado en que conste o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.
En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais: certificado onde conste o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación ou pola participación nestes proxectos: ata 2,5 puntos.
Nesta epígrafe non se valorarán as actividades convocadas pola universidade.
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
Premios |
1º |
2º |
3º |
Accésit |
Puntuación |
1 |
0,75 |
0,5 |
0,25 |
A participación nun proxecto de investigación ou innovación valorarase con 0,15 puntos.
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios e actividades deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente (non por centros docentes).
6.3. Méritos artísticos e literarios: ata 2,5 puntos.
– Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Con carácter xeral non se valorarán os premios convocados en ámbitos restrinxidos.
* Por premios en concursos ou en certames literarios de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
Premios |
1º |
2º |
3º |
Accésit |
Puntuación |
1 |
0,75 |
0,5 |
0,25 |
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
* Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames artísticos:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
Premios |
1º |
2º |
3º |
Accésit |
Internacionais |
1,5 |
1 |
0,5 |
0,25 |
Nacionais |
1 |
0,75 |
0,4 |
0,2 |
Autonómicos |
0,5 |
0,25 |
0,10 |
0,05 |
Locais |
0,25 |
0,15 |
0,05 |
0,025 |
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios artísticos e literarios deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
Certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.
– Por composicións estreadas como autor ou gravacións con depósito legal:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
Composicións ou gravacións: 1 autor coautor 3 autores 4 autores 5 autores Máis de 5 autores |
1 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 |
Gravacións: 1 intérprete 2 intérpretes 3 intérpretes 4 intérpretes 5 intérpretes Máis de 5 intérpretes |
0,5 0,25 0,166 0,125 0,1 0,05 |
Cando unha obra é puntuada como composición non pode ser valorada como gravación. Si é compatible a puntuación de intérprete e autor.
Para a valoración destas composicións e gravacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta. As alegacións valoradas por esta epígrafe non se terán en conta na epígrafe 6.1.
No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.
– Concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...).
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
A/B/C |
Director, solista, compositor. Protagonista |
Participante en grupos de cámara ou similar Actor secundario |
Integrante de orquestras, bandas, coros, non de cámara. Actor secundario/figuración |
Repertorio sinfónica: coro, orquestra, banda. Obra de teatro de gran formato, zarzuela (<1,5 h de duración) |
1 / 0,5 / 0,25 |
0,5 / 0,25 / 0,1 |
0,25 / 0,1 / 0,05 |
Outros xéneros: (flamenco, jazz, etc.) Pezas breves (0,5-1 hora) |
0,5 /0,25 / 0,1 |
0,25 / 0,1 / 0,05 |
0,1 / 0,05 / 0,025 |
Música lixeira, rock, etc. Lectura dramatizada, recital de poemas, etc. |
0,25 / 0,1 / 0,05 |
0,1 / 0,05 / 0,025 |
0,05 / 0,025 / 0,01 |
A. Primeira categoría: concerto de importancia internacional.
B. Segunda categoría: importancia nacional.
C. Terceira categoría: importancia autonómica.
A puntuación dividirase polo número de directores e solistas.
Para a valoración destes concertos ou obras deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
No caso de concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo.
No caso das obras: programas onde conste a participación da persoa interesada e da certificación da entidade organizadora, onde conste a realización da obra e a participación como protagonista, actor/actriz secundario/a ou actor/actriz de elenco/figuración.
– Por exposicións individuais ou colectivas:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
Exposición individual: 2,5 puntos |
||
Exposición de obra seleccionada en concursos (certificación): |
||
- Internacionais: - Nacionais: - Autonómicas: |
0,5 0,25 0,125 |
|
Esta puntuación é incompatible con premios en exposicións. |
||
Exposición colectiva: =0,5/número de artistas |
Mínimo: 0,025 |
Para a valoración destas exposicións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
Programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora (museos, fundacións, administracións). Nos concursos, certificado onde se especifique a concesión deste.