DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67046

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

Manifestada causa de abstención por parte de María Dolores Tobío Barreira, vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, e ante a perda, consecuentemente, da súa condición de membro do citado tribunal,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear, como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, en substitución de María Dolores Tobío Barreira, a María Sagrario García Batalla, funcionaria do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.funga.org

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas