DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 67044

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo máximo para a realización do exercicio do proceso selectivo para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

O 30 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na epígrafe III.1.1 establécese que a proba de oposición se realizará no prazo mínimo de sete (7) días hábiles e o máximo de sesenta (60) días hábiles desde a publicación do resultado do exercicio da proba da lingua galega.

Tendo en conta as dificultades para a realización deste exercicio, conforme a proposta elevada polo tribunal cualificador, e de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

DISPOÑO:

Primeiro. Ampliar en trinta (30) días hábiles o prazo máximo para a realización da proba de oposición previsto na epígrafe III.1 da Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, resultando un novo prazo de noventa (90) días hábiles desde a publicación do resultado do exercicio da proba de lingua galega.

Segundo. Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.funga.org

Cuarto. Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública
Galega para a Tutela de Persoas Adultas