DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67457

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de xullo de 2023 (publicada no DOG núm. 129, do 7 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

Tribunal titular

Presidencia: Santiago Valencia Vila, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría: Agustín Pigni Giraudo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Luís Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

– Juan José Rodríguez Díaz, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

Tribunal suplente

Presidencia: Ana González de Vicente, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría: Isabel María Díaz Cuenca, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– Andrés Lago Louro, maxistrado decano de Santiago de Compostela e titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

– José Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

– María Isabel Rossell López, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.