DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67455

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia,
titulado/a superior lingüista

Tribunal titular

Presidencia: Oliva Amorín López, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: Pablo García Freire, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Concepción Armas Quintá, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Manuel Núñez Singala, funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, subgrupo A1.

– Purificación Galán Boutureira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Tribunal suplente

Presidencia: Beatriz García Turnes, persoal funcionario do corpo de catedráticos de ensino secundario.

Secretaría: Rosa Giao Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Xosé Gregorio Ferreiro Fente, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Olga López López, persoal funcionario do corpo de catedráticos de ensino secundario.

– Beatriz Corral Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.