DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67385

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de novembro de 2023 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación de Monteledo (37 prazas) e no centro de atención específica de Montefiz (23 prazas) do Complexo de Montealegre en Ourense (código de procedemento BS213L).

Advertido un erro material na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 10 de novembro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 62024, no punto O.2.1. do anexo I da resolución, referido aos criterios para a selección de entidade adxudicataria, onde di: «Calidade da asistencia e intervención proposta, ata 55 puntos, segundo a seguinte desagregación:», debe dicir: «Calidade da asistencia e intervención proposta, ata 60 puntos, segundo a seguinte desagregación:».