DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67962

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 28 de novembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, polo que se dá publicidade á Resolución CM 12/2023 da mesma data, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos de centros de saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde de 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos de centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo, segundo se especifica no anexo.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de novembro de 2023

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de equipo de persoal de xestión e servizos do Servizo de Atención Primaria de Ponteareas da Área Sanitaria de Vigo.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.