Advertido un erro no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro de 2023, cómpre facer a oportuna corrección:
Na páxina 65892, onde di:
«De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 15 de novembro de 2023, do proxecto Planta de produción de hidróxeno no porto exterior da Coruña en Punta Langosteira, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Enerfin Renovables VI, S.L. (antes Armonía Green Galicia, S.L.)».
Debe dicir:
«De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 15 de novembro de 2023, do proxecto para a planta de produción de hidróxeno no porto exterior da Coruña, na Punta Lagosteira, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Enerfín Renovables VI, S.L.».
