DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 15 de novembro de 2023 (DOG núm. 219, do 17 de novembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes; o primeiro día deste prazo é o 15 de decembro.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

***9550**

Garabito Cociña, Myriam

7

EIO291000027001005

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas II

EM

Centro Territorial do Issga en Lugo

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Lugo

A1

25

2

***5964**

Rodríguez Lorenzo, Juan Manuel

9

EIO291000032001005

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas II

EM

Centro Territorial do Issga en Ourense

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Ourense

A1

25

3

***8561**

Sousa Rodríguez, María Encarnación

4

EIO210000215770005

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas

EM

S.X. Técnica e de Planificación

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

4

***7231**

Lama Varela, Antonio

2

EIO291010136440008

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas III

EM

Centro Territorial do Issga en Pontevedra

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A1

25

5

***1189**

Varela Cerdeira, Esther

5

EIO291000015001005

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas I

EM

Centro Territorial do Issga na Coruña

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Coruña (A)

A1

25

6

***5399**

Ferrón Vidán, Lucía María

11

EIO210000215770008

Xefatura Sección Coord. Preventiva Hixiene e Saúde

EM

S.X. Técnica e de Planificación

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

7

***8455**

Santamariña Pena, Elena

10

EIO291010136440007

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas II

EM

Centro Territorial do Issga en Pontevedra

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A1

25

8

***3956**

López Gulín, Faustina

8

EIO291000032001004

Xefatura Sección Hixiene Ind. e Téc. Analíticas I

EM

Centro Territorial do Issga en Ourense

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Ourense

A1

25

9

***7619**

Gómez Álvarez, Francisco

6

EIO291000015001011

Técnico/a superior de Seguridade e Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do Issga na Coruña

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Coruña (A)

A1

24

10

***9785**

Camino Vieiro, María José

3

EIO291010136440012

Técnico/a superior de Seguridade e Saúde Laboral

EM

Centro Territorial do Issga en Pontevedra

Servizos periféricos Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Redondela

A1

24