DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67933

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 231, do 5 de decembro), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais, e anexouse a relación dos postos que se ofertan na primeira fase.

Na citada resolución advírtese o seguinte erro, que cómpre corrixir:

Na páxina 67151 e seguintes, na columna Corpo/Escala do anexo I onde di: «ESPECIAL (ESC. TÉCN. SPDCIF - ESP. BOMB. FORESTAL XEFE/A BRIGADA)», debe dicir: «ESPECIAL (ESC. TÉCN. SPDCIF - ESP. BOMB. FORESTAL XEFE/A BRIGADA)/ ESPECIAL (ESC. TÉCN. OPERATIVA SPDCIF - ESP. BOMB. FORESTAL ENCARGADO/A BRIGADA)».

Publicada a resolución, advírtese a omisión involuntaria de varios postos de traballo que é preciso engadir á relación de postos ofertados e que figuran no anexo I desta resolución.

Na base VII.1 desta convocatoria establécese que o prazo de presentación de solicitudes no concurso remate o 21 de decembro de 2023.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Incluír os postos número 781 a 785 que se relacionan no anexo I desta resolución na relación de postos vacantes que figuran no anexo I da Resolución do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 231, do 5 de decembro).

Segundo. Acórdase ampliar o prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso de traslados nun día hábil. O devandito prazo rematará o 22 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file