DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67828

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2023 pola que se resolve a adxudicación para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027.

Mediante Orde do 12 de xullo de 2023 (DOG núm. 142, do 27 de xullo), a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, convocou unha liña de subvencións para o ano 2023, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Vista a proposta da comisión avaliadora, con data do 4 de decembro de 2023, a proposta de resolución do director xeral de Emerxencias e Interior do 4 de decembro de 2023, e en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar aos concellos, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos que se relacionan no anexo I o equipamento de emerxencia que se indica no dito anexo I, de acordo á puntuación total obtida polos solicitantes.

Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, obxectivo político 2, prioridade P2A. Transición Verde, obxectivo específico RSO2.4: «favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas».

Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír o equipamento non adxudicado por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis equipamento. Esta redistribución será, se é o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.

Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación, en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 12.e) da Orde do 12 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2023 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento concedido.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do equipamento será de tres meses contados dende a data de recepción daquel.

Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número AXGE.23.SU.03 (núm. de referencia contable 2023-06-10151), procedemento ordinario, por importe de 451.993,00 euros (IVE incluído).

No caso de que a subministración do expediente de contratación AXGE.23.SU.03 (núm. de referencia contable 2023-06-10151) non chegase a ser entregada total ou parcialmente, o órgano adxudicante poderá ditar nova resolución indicando o equipamento que non sería adxudicado. Neste caso, as entidades locais afectadas perderán o dereito recoñecido na presente resolución.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira cuarta da Orde do 12.7.2023,
DOG núm. 142, do 27 de xullo)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO I

Liña 1. Kits de material loxístico de seguridade viaria.

Entidade local

Arteixo

Boiro

Miño

Pontes de García Rodríguez (As)

Cervantes

Avión

Bolo (O)

Manzaneda

Petín

Verín

Vilar de Barrio

Xinzo de Limia

Cangas

Cerdedo-Cotobade

Cuntis

Moaña

Mondariz (Oitavén-Tea)

Ponteareas

Rosal (O)

Valga

Vilanova de Arousa

Liña 2. Kits de material para as emerxencias no medio acuático.

Entidade local

Ares

Bergondo

Camariñas

Carnota

Dumbría

Laracha (A)

Malpica de Bergantiños

Muros

Oleiros

Outes

Ponteceso

Burela

Ribadeo

Viveiro

Marín

Tomiño

Liña 3. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.

Entidade local

Ames

Betanzos

Carballo

Mazaricos

Muxía

Pobra do Caramiñal (A)

Ribeira

Chantada

Allariz

Barbadás

Boborás

Cortegada/Padrenda

Maceda

Mancomunidade do Ribeiro

Mancomunidade Terra de Celanova

Pobra de Trives (A)

Lalín

Poio

Porriño (O)

Redondela

Vilagarcía de Arousa

Liña 4. Remolques para a atención ás emerxencias.

Entidade local

Vilasantar

Riotorto

Taboada

Maside

Sandiás

Dozón

Mancomunidade Val Miñor

Vila de Cruces

Liña 5. Tendas de campaña para emerxencias.

Entidade local

Boimorto

Ordes/Frades

Oroso

Ourol

Pol

Amoeiro

Baños de Molgas

Barco de Valdeorras (O)

Beariz

Nogueira de Ramuín

Parada de Sil

Rúa (A)

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

Viana do Bolo

Vilamartín de Valdeorras

Catoira

Salceda de Caselas

Tui

Vilaboa