DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68109

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 29 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida por seis (6) persoas aspirantes, das cales unha delas pasa a superar o primeiro exercicio do proceso selectivo; acada así a puntuación mínima de 50 puntos un total de 482 persoas aspirantes e non varía o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. Publicar as novas puntuacións obtidas por estas seis (6) persoas aspirantes no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. A nova aprobada non terá que presentar a documentación xustificativa de exención do segundo exercicio por estar debidamente acreditada na Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023

Isabel Fariña Negreira
Presidenta do tribunal