DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68106

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en sesións que tiveron lugar os días 16 e 21 de novembro de 2023, ao abeiro do previsto na base II.1.2.8 da convocatoria e logo de revisar as reclamacións presentadas contra as cualificacións publicadas pola Resolución do 26 setembro de 2023 (DOG núm. 200, do 20 de outubro) pola que se deu publicidade a diversos acordos nesta materia:

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, as puntuacións obtidas polas/os seguintes aspirantes, que pasan a ser as que se amosan a seguir:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

***2687**

Abelenda Bouzas, Patricia

Acceso libre

44,80

***1824**

Alonso Nogueiras, Begoña

Acceso libre

50,00

***8498**

Cabanas Chao, Jesusa

Acceso libre

47,52

***6840**

Carballo Míguez, José Manuel

Acceso libre

40,84

***0988**

Castro Ferreiros, María Ana

Acceso libre

44,55

***6919**

Diéguez Luis, Susana

Acceso libre

75,84

***6506**

Freire Gato, Guadalupe

Acceso libre

46,78

***0710**

García Fustes, Elena

Acceso libre

52,11

***6997**

González Buceta, Estefanía

Acceso libre

39,10

***3791**

González Costas, Olalla

Acceso libre

41,08

***9192**

González Sanjuan, Beatriz

Acceso libre

50,00

***2785**

López Álvarez, María Carmen

P. interna

43,71

***6793**

López Bermúdez, Julio

Acceso libre

28,71

***0065**

Martínez Gómez, Mercedes

Acceso libre

44,55

***5922**

Morenza Fernández, María Jesús

Acceso libre

41,58

***4556**

Noya Domínguez, María Lucía

Acceso libre

38,61

***7196**

Núñez Cacabelos, María Deyanira

Acceso libre

39,85

***9593**

Pereira Varela, María Dolores

Acceso libre

42,57

***8798**

Rodríguez López, María Luisa

Acceso libre

36,38

***8720**

Solla Acuña, Ángeles

Acceso libre

33,41

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións recibidas.

Terceiro. Como consecuencia do sinalado no punto primeiro desta resolución declárase modificado o criterio publicado no punto terceiro da Resolución do 26 de setembro, referente ao acceso libre, no particular de que se fixa en 50,500 o número de respostas correctas para acadar a puntuación mínima de 50 puntos no canto das 50,250 que sinalaba a dita resolución, polo que acadan a puntuación mínima un total de 199 aspirantes no seu conxunto.

Ao diminuír o número de preguntas (0,25) que supoñen puntuación por riba de 50 puntos do mínimo e aumentar o número de preguntas (0,25) que supoñen puntuación por debaixo de 50 puntos do mínimo, resulta modificada tamén a cualificación ponderada que corresponde á totalidade das persoas aspirantes pola quenda de acceso libre, modificacións de contía mínima nunca superiores a corenta e dúas (42) centésimas.

As modificacións das puntuacións que se producen axústanse á aplicación dos criterios de proporcionalidade e ponderación de acordo co disposto polas bases da convocatoria do proceso selectivo.

Cuarto. Consonte o sinalado no punto anterior, publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 7 de xullo de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. As persoas aspirantes que, como consecuencia da modificación das súas puntuacións con base nas alegacións presentadas, pasan a superar o primeiro exercicio, de conformidade coa base II.1.1.2, estarán exentas da realización do segundo exercicio se no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, acreditan que posuían, o día da publicación da convocatoria deste proceso no DOG, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

María Carmen Recarey Rey
Presidenta suplente do tribunal