DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de novembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 230, do 4 de decembro de 2023, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 66843, no segundo parágrafo, onde di: «o exercicio da oposición terá lugar o día 15 de decembro de 2023», debe dicir: «o exercicio da oposición terá lugar o día 16 de decembro de 2023».