DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68101

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 230, do 4 de decembro de 2023, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 66824, no primeiro parágrafo, onde di: «o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 15 de decembro de 2023», debe dicir: «o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 16 de decembro de 2023».