DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68052

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican parcialmente as axudas da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

A Orde do 1 de agosto de 2023 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros.

As axudas ás universidades do SUG estarán cofinanciadas parcialmente nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 3: educación e formación; obxectivo específico ESO4.6: promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade, e medida 3.F.01: axudas á formación predoutoral.

Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. Ademais, fináncianse estadías no estranxeiro de tres meses de duración, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.4 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas a estas axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 da convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días hábiles para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Axencia Galega de Innovación, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 14 de outubro de 2023 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes admitidas foron valoradas seguindo os criterios de valoración do artigo 10. A valoración da adecuación do proxecto de investigación á Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3) foi realizada por un grupo de traballo designado polo Grupo Técnico da Comisión Interdepartamental de I+D+i.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores no cal figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 12 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 26 de outubro de 2023, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder parcialmente as axudas de apoio á etapa predoutoral convocadas pola Orde do 1 de agosto de 2023 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, en que se reflicte tamén a zona de estadía concedida para as persoas que a solicitaron.

No ámbito das entidades alleas ao SUG concédense un máximo de 12 axudas, de acordo co indicado no artigo 4.2 da convocatoria.

Segundo. Establecer a lista de espera para as entidades alleas ao SUG, que se inclúen como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 11. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 1 de decembro de 2023, agás para as persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o 29 de febreiro de 2024. Os contratos regulados na Orde do 1 de agosto de 2023 serán interpretados e regulados consonte o establecido no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e as súas modificacións.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

Entidades alleas ao SUG: 12 axudas.

Aplicación
orzamentaria

Acrónimo entidade *

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2023

2024

2025

2026

2027

2028

Total

05.A2.561A.403.0

IIM-CSIC

1

1.000,00

20.000,00

31.000,00

25.000,00

30.000,00

8.400,00

115.400,00

05.A2.561A.443.05

Cesga

1

1.000,00

20.000,00

29.000,00

25.000,00

30.000,00

8.400,00

113.400,00

05.A2.561A.481.0

FBGS

2

2.000,00

40.000,00

60.000,00

50.000,00

60.000,00

16.800,00

228.800,00

FIDIS

3

3.000,00

60.000,00

91.000,00

75.000,00

90.000,00

25.200,00

344.200,00

FPNS

5

5.000,00

100.000,00

145.000,00

125.000,00

150.000,00

42.000,00

567.000,00

Total

12

12.000,00

240.000,00

356.000,00

300.000,00

360.000,00

100.800,00

1.368.800,00

*A relación de acrónimos das entidades solicitantes citados na táboa anterior é a seguinte:

Acrónimo da entidade

Denominación completa

NIF

IIM-CSIC

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Q2818002D

Cesga

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

G15852981

FBGS

Fundación Biomédica Galicia Sur

G36911972

FIDIS

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

G15796683

FPNS

Fundación Profesor Novoa Santos

G15335219

Sexto. As entidades beneficiarias alleas ao SUG deberán enviar un escrito de aceptación da axuda á Axencia Galega de Innovación no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución e, así mesmo, vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria
e Innovación e presidenta
da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Núm. exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2023/019

García

Sanmartín

Lucía

3

Ciencias

80,6576

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.

Núm. exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2023/011

Viqueira

Cao

José Daniel

2

Ciencias

80,8145

Fundación Biomédica Galicia Sur.

Núm. exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2023/021

Hernández

Camoiras

Jorge

3

Ciencias

67,1470

IN606A-2023/024

Alonso

Núñez

Adrián

2

Ciencias

86,1200

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Núm. exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2023/001

Sánchez

Barco

Alba

2

Ciencias da Saúde

84,7492

IN606A-2023/003

Seijas

Otero

Noelia

3

Ciencias da Saúde

84,6745

IN606A-2023/005

Jácome

Ferrer

Pablo

3

Ciencias

80,3888

Fundación Profesor Novoa Santos.

Núm. exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona de estadía

Rama de coñecemento

Puntuación

IN606A-2023/012

González

Pinto

Lucía

3

Ciencias

78,8691

IN606A-2023/013

Lastra

Vallines

Luis Miguel

2

Ciencias

78,7515

IN606A-2023/017

Barrio

Pujante

Antonio

2

Ciencias

78,4836

IN606A-2023/018

López

Pardo

Mirian

2

Ciencias da Saúde

79,6315

IN606A-2023/023

Outeda

García

Michelle

1

Ciencias

81,3638

ANEXO II

Lista de espera

Entidades alleas ao SUG.

Orde

Exp.

Entidade

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Rama de coñecemento

Zona de estadía

Puntuación total

1

IN606A-2023/004

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Peinado

Muñoz

Marina

Ciencias

2

77,7160

2

IN606A-2023/014

Fundación Profesor Novoa Santos

Nión

Cabeza

Paula

Ciencias

3

77,4774

3

IN606A-2023/002

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Conde

Piñeiro

Adrián

Ciencias da Saúde

2

77,0049

4

IN606A-2023/015

Fundación Profesor Novoa Santos

Domínguez

Guerrero

Pablo

Ciencias da Saúde

2

76,5765

5

IN606A-2023/010

Fundación Profesor Novoa Santos

Bourdelande

García

Marta

Ciencias

3

75,9572

6

IN606A-2023/022

Fundación Biomédica Galicia Sur

González

Nóvoa

José Antonio

Enxeñaría e Arquitectura

2

74,9362