DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68050

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 1 de decembro de 2023 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 19 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 3 de xullo).

A Orde do 19 de xuño de 2023 (DOG núm. 125, do 3 de xullo) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola Comisión de Selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos das persoas premiadas.

Vista a proposta feita pola Comisión de Selección, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de acordo co establecido no artigo 15.2 da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación
persoal correspondentes ao curso 2022/23

Código persoal do/da alumno/a

Código centro

Centro educativo

Importe (€)

OZDICYHC

36006079

CPI Curros Enríquez

1.000

F4QCQBK0

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I

1.000

RNHSDKJP

32009360

CPI Plurilingüe José García García

1.000

8PG4VXTA

15006420

CPR Plurilingüe La Salle

1.000

DQF2HFS0

27002249

CPI Plurilingüe de Castroverde

1.000

JM7HIGHO

15014738

CPI Plurilingüe dos Dices

1.000

P9JMUL36

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

1.000

8931UKCO

15015779

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Remedios

1.000

FAPD0TAE

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

1.000

KQPYW2GB

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

1.000

GDQEOQ4G

32009116

IES 12 de Outubro

1.000

3PTZ9EYA

27016704

IES Leiras Pulpeiro

1.000

HU3HDWHA

36019751

IES Antón Alonso Ríos

1.000

CATT5HYO

36015184

IES Escolas Proval

1.000

4F4SDMHF

15032662

IES O Mosteirón

1.000

LRYPSGOP

36019751

IES Antón Alonso Ríos

1.000

RAWU5M9I

36016681

IES Carlos Casares

1.000

N7V2OXAD

15026029

IES Isaac Díaz Pardo

1.000

N8QURDYW

36010903

CPR Plurilingüe Apóstol Santiago

1.000

C6JNAHTZ

32003001

IES Nº 1

1.000