DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68858

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso, á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as e pola que se convoca para o acto de elección de destino.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 4 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. Co obxectivo de acadar a máxima axilidade na incorporación dos/das profesionais desta nova categoría, e en previsión de que algunha persoa aspirante relacionada no anexo I non presente a documentación prevista na base terceira desta resolución, non acredite cumprir os requisitos exixidos, ou non realice a elección de destino, de conformidade coa base novena da resolución de convocatoria, todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da resolución de convocatoria do proceso.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

De acordo coa base novena da Resolución do 4 de maio de 2023, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. A relación de prazas que se ofertan aos/ás participantes no proceso, con prestación de servizos en centro/s de saúde e punto/s de atención continuada de referencia, figuran como anexo I da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 4 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo, corrección de erros (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio).

Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte hábil ao desta publicación para que todos/as os/as aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán elixir un número de destinos igual ao do posto que ocupa/n como seleccionado/s pola orde de prelación que considere/n. Sen prexuízo do exposto, se solicita menos destinos que o posto que ocupa e non resulta adxudicatario de praza, non poderá ser nomeado/a persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións no proceso.

Os/as participantes no proceso selectivo, que non teñan a condición de seleccionados/as, poderán solicitar todos os destinos ofertados pola orde de prelación que consideren ou aqueles que fosen do seu interese. No suposto de quedar prazas sen adxudicar entre os/as aspirantes seleccionados/as que figuran no anexo I desta resolución, o nomeamento realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que aportasen a documentación indicada no punto terceiro desta resolución e teñan elixido os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do/da aspirante que non resultou adxudicatario/a.

Os/as participantes no proceso selectivo que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polos que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas por Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Sexto. A orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso publicada no anexo I desta resolución, poderá ser alterada só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, no suposto de que a autoridade convocante considere a/as solicitude/s de alteración da orde por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas que, de ser o caso, realicen algún/s dos/das aspirantes que superasen o concurso de méritos pola quenda reservada a persoas con discapacidade. Para estes efectos, os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo indicado neste punto, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Sétimo. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Oitavo. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 4 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), pola que se convoca o proceso selectivo, ditouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde, polo que con base no que establecen o artigo 20.3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como o artigo 2 da Lei 2/2022, do 6 de outubro, imponse o máximo rigor na exixencia da incorporación efectiva ao servizo como requisito para adquirir a condición de persoal estatutario fixo e prevese expresamente no dito artigo que o persoal seleccionado nos concursos que se executen en aplicación da Lei 2/2022 deberá incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo, no destino adxudicado, para adquirir a condición de persoal estatutario fixo.

Tras adquirir esa condición de persoal estatutario fixo poderá participar nos concursos de traslados da súa categoría e/ou especialidade, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría e/ou especialidade, cando cumpra os requisitos comúns e acredite dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

Noveno. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Aspirantes seleccionados/as

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Valoración galego

Formación

Experiencia

Outras

actividades

Puntuación total

1

***1477**

Matías González, Eva

PI

5,000

14,000

22,000

3,700

44,700

2

***5179**

Gorgojo Villan, José Matías

PI

5,000

14,000

22,000

0,700

41,700

3

***0063**

Lema Trillo, José Aurelio

PI

5,000

10,000

22,000

2,000

39,000

4

***2223**

Carballo García, José Antonio

PI

5,000

9,000

22,000

1,400

37,400

5

***8975**

Otero Fernández, David

PI

5,000

11,130

18,700

1,400

36,230

6

***7861**

Sánchez Novo, Juan Antonio

PI

5,000

9,050

15,000

1,400

30,450

7

***5612**

González López, Arturo

PI

5,000

1,435

22,000

1,400

29,835

8

***8336**

Sánchez González, Antía

PI

5,000

9,100

13,285

1,400

28,785

9

***5973**

López Díaz, Juan José

PI

5,000

11,000

8,660

4,000

28,660

10

***1894**

Berrocoso Sánchez, Juan Ignacio

PI

1,250

9,070

5,916

4,000

20,236

11

***1271**

Fernández Alba, José Luis

PI

5,000

9,000

0,240

1,000

15,240

12

***6508**

Viñas Martínez, Daniel

PI

5,000

8,430

0,000

1,000

14,430

13

***2020**

O’Farrill Ordóñez, Gabina Mayra

DI

5,000

13,500

22,000

1,900

42,400

14

***2392**

Docampo Pérez, Natalia

LI

5,000

9,080

22,000

4,000

40,080

15

***8127**

Álvarez Ameijeiras, María Antonia

LI

5,000

11,040

22,000

1,400

39,440

16

***3589**

Míguez Labandeira, José Gregorio

LI

5,000

11,030

22,000

1,400

39,430

17

***3329**

Martínez Puñal, María Dolores

LI

5,000

9,350

22,000

1,400

37,750

18

***8626**

Fernández Limeres, Fernando

LI

5,000

9,320

22,000

1,400

37,720

19

***4348**

Alcaina Ferreiro, Rosa

LI

5,000

9,050

22,000

1,400

37,450

20

***3359**

González González, Marina

LI

5,000

9,050

22,000

1,400

37,450

21

***0600**

Freire Domínguez, María Purificación

LI

5,000

9,040

22,000

1,400

37,440

22

***8900**

Da Costa Moure, Manuel Luis

LI

5,000

9,030

22,000

1,400

37,430

23

***6216**

Gómez Corbillón, Noelia

LI

5,000

9,070

22,000

1,300

37,370

24

***5830**

Gacio Pacios, María Remedios

LI

5,000

8,555

22,000

1,400

36,955

25

***5790**

López Domínguez, María Pilar

LI

0,000

12,720

22,000

1,400

36,120

26

***6020**

Cuña Ramos, Fernando Óscar

LI

5,000

11,030

17,614

1,400

35,044

27

***3581**

Teijo Figueiras, Pilar

LI

5,000

12,530

12,942

4,000

34,472

28

***9687**

Abu Komboz Abu Rahma, Ramzi

LI

2,500

11,040

19,400

1,400

34,340

29

***4290**

Quiroga López, María Teresa

LI

4,375

9,000

19,536

1,400

34,311

30

***3236**

Vázquez Zaballos, José María

LI

0,000

11,020

21,450

1,650

34,120

31

***2763**

Conde Novoa, María Elena

LI

5,000

11,050

15,409

1,400

32,859

32

***7976**

Valiño Regueiro, Paula

LI

5,000

9,060

14,523

4,000

32,583

33

***8453**

Luaces Méndez, Rafael

LI

5,000

12,540

13,358

1,400

32,298

34

***1580**

Molano Zarate, Rubén Eduardo

LI

3,125

13,500

11,235

4,000

31,860

35

***1261**

Batan Veiga, Silvia Olalla

LI

5,000

9,070

15,069

1,400

30,539

36

***2549**

Viña Segura, Ana

LI

5,000

11,020

12,024

2,200

30,244

37

***7857**

Toucedo Vicente, María del Carmen

LI

5,000

9,100

14,500

1,400

30,000

38

***8239**

López García, José Luis

DI

5,000

9,000

12,882

2,900

29,782

39

***8985**

Pérez Vidal, Elba

LI

5,000

12,070

11,286

1,400

29,756

40

***4624**

Queijeiro Presa, Ana María Inés

LI

5,000

4,050

19,324

0,900

29,274

41

***3293**

Ocampo Fontangordo, Marta

LI

5,000

14,000

9,731

0,000

28,731

42

***4676**

Fernández Castro, Marcelino

LI

5,000

12,540

9,613

1,400

28,553

43

***2295**

Vázquez Doce, María Jesús

LI

5,000

9,020

11,984

2,400

28,404

44

***1200**

Carbón Otero, Mariana

LI

5,000

12,040

9,540

1,400

27,980

45

***0484**

Villamarín Bello, María Beatriz

LI

5,000

14,000

4,782

4,000

27,782

46

***8173**

Quinteiro Seoane, Carolina

LI

3,125

11,040

11,938

1,400

27,503

47

***4477**

Macaya Ortiz, María Asunción

LI

0,000

8,120

17,700

1,400

27,220

48

***4909**

Liriano Reyes, Ana Josefina

LI

1,250

8,500

16,026

1,400

27,176

49

***0997**

Doñe de la Rosa, Francis Alberto

LI

1,250

9,000

15,469

1,400

27,119

50

***9325**

Palma Rodríguez, María Esther

LI

5,000

9,000

11,632

1,400

27,032

51

***3880**

López Silva, Laura

LI

5,000

9,050

11,019

1,900

26,969

52

***8239**

Capón Álvarez, Jessica

LI

5,000

13,590

4,100

4,000

26,690

53

***9212**

Abu Oun Abu Oun, Rami

LI

2,000

9,000

12,506

2,900

26,406

54

***8767**

Rodríguez Quintas, María José

LI

5,000

8,110

11,706

1,400

26,216

55

***9697**

Yañez Freire, Sandra

LI

5,000

13,080

4,000

4,000

26,080

56

***6888**

Lodeiro Lodeiro, MarÍa Cristina

LI

3,875

9,340

12,713

0,000

25,928

57

***2105**

González Feijoo, María José

LI

5,000

9,140

10,232

1,350

25,722

58

***8048**

Castiñeira Pérez, Sandra

LI

5,000

9,000

11,003

0,700

25,703

59

***6463**

López Ferro, Tania

LI

5,000

10,080

9,500

1,100

25,680

60

***1794**

Leguia Bolivar, Cecilia Rocío

LI

3,250

9,090

11,584

1,400

25,324

61

***2179**

Varela Mariño, María

LI

5,000

9,050

9,704

1,400

25,154

62

***8217**

Aguiar Silva, Sonia

LI

5,000

12,550

4,958

2,600

25,108

63

***4864**

Caamaño Fernández, Iria Lucía

LI

5,000

9,040

9,552

1,400

24,992

64

***3876**

López Blanco, María Cristina

LI

5,000

9,000

10,250

0,700

24,950

65

***4999**

González Pérez, María Inés

LI

3,750

14,000

3,057

4,000

24,807

66

***1765**

Pereiras Maceira, María del Carmen

LI

5,000

9,000

9,000

1,400

24,400

67

***3380**

Álvarez Pérez, Otilia

LI

5,000

12,580

3,900

2,700

24,180

68

***9031**

Conde Sabarís, Patricia

LI

5,000

13,110

1,600

4,000

23,710

69

***8907**

Gómez Sánchez, Laura

LI

5,000

13,000

3,700

1,990

23,690

70

***1929**

Barrios García, Nereyda

LI

2,000

9,020

11,121

1,400

23,541

71

***0481**

Barbeito Barros, Montserrat

DI

5,000

12,500

0,000

1,000

18,500

72

***8322**

Lobo Martínez, Raquel

DI

0,000

13,100

0,000

3,000

16,100

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna. (*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.