DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68828

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2023 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da compensación á frota pesqueira galega polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (código de procedemento PE107F).

A Orde do 28 de xullo de 2023 (DOG núm. 154, do 14 de agosto) estableceu as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas armadoras de buques pesqueiros con porto base en Galicia, para compensar o incremento do prezo do gasóleo, como consecuencia da guerra de Ucraína.

A dita orde establece no seu artigo 3 que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes presentadas, o crédito orzamentario non resulta suficiente para atender axeitadamente ás que cumpren cos requisitos, é por iso polo que procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión destas axudas.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 en:

3.747.572,80 euros, con cargo á aplicación 15.02.723B.770.2 (código de proxecto 2023.00186) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, polo que o importe total da convocatoria de 2023 ascende a 7.374.140,80 euros.

Segundo. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar