DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68830

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da compensación á frota pesqueira galega polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (código de procedemento PE107F).

BDNS (Identif.): 712074.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da compensación á frota pesqueira galega polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (código de procedemento PE107F), na seguinte contía:

3.747.572,80 euros, con cargo á aplicación 15.02.723B.770.2 (código de proxecto 2023.00186) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, polo que o importe total da convocatoria de 2023 ascende a 7.374.140,80 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar