DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68844

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de decembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 7 de decembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 67456, no anexo, onde di: «Manuel Núñez Singala, funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, subgrupo A1», debe dicir: «Manuel Núñez Singala, persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, grupo I, categoría de técnico de normalización lingüística».