DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68842

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Advertidos erros na Resolución do 30 de novembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 5 de decembro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 67134, onde di: «O persoal en destino definitivo que adquiriu a condición de persoal funcionario...», debe dicir: «O persoal que adquiriu a condición de persoal funcionario...».

Na páxina 67134, onde di:

«2. Están obrigados/as a participar neste concurso:

O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial...»,

Debe dicir:

«2. Están obrigados/as a participar neste concurso:

O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas de Administración especial...».

Na páxina 67135, onde di:

«O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria...»,

Debe dicir:

«b) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria...».

Na páxina 67274, posto núm. 766, na columna Centro Destino do anexo I, onde di: «Comarca Forestal: Betanzos», debe dicir: «Distrito forestal: II Bergantiños – Mariñas Coruñesas».

Na páxina 67275, posto núm. 770, na columna Centro Destino do anexo I, onde di: «Comarca forestal: Lugo», debe dicir: «Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Lugo)».