DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68647

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR809A).

No DOG núm. 106, do 6 de xuño de 2023, publicouse a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR809A).

Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, o 31 de xullo de 2023 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, ditou resolución de adxudicación de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional, que se desenvolverán durante os anos 2023 e 2024.

Tras a renuncia dunha das persoas beneficiarias das bolsas, e de conformidade co disposto na base décimo segunda da Orde do 24 de maio de 2023, o 9 de agosto de 2023 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 24 de maio de 2023.

Posteriormente, tras outra renuncia dunha persoa beneficiaria da bolsa, o 16 de novembro de 2023 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 24 de maio de 2023.

Conforme o establecido na base sétima, punto un, da Orde do 24 de maio de 2023, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas unidades de cooperación no exterior (UCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de acordo co previsto no convenio subscrito entre esta Axencia e a Xunta de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG núm. 106, do 6 de xuño), segundo se detalla no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Valle López

Laura

Oficina de Cooperación Exterior de Guatemala

19.200 €

06.07.331A.480.0

García Fidalgo

Mónica

Oficina de Cooperación Exterior de Bolivia

19.200 €

06.07.331A.480.0

Flores Hussain

Nayla

DXRREE e UE Santiago de Compostela

13.200 €

06.07.331A.480.0

Corredoira Cobas

María

DXRREE e UE Santiago de Compostela

1.503,33 €

06.07.331A.480.0

Parada Martínez

Manuel

Oficina de Cooperación Exterior de República Dominicana

19.200 €

06.07.331A.480.0

Aldea Arias

Auria

Oficina de Cooperación Exterior de Mozambique

19.200 €

06.07.331A.480.0

Gómez Longo

Miguel

DXRREE e UE Santiago de Compostela

11.000€

06.07.331A.480.0