DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68932

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco)

ANUNCIO de publicación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización e a súa proposta de nomeamento como persoal laboral fixo.

Mediante sendas resolucións do 16 de novembro de 2023, da presidenta dos tribunais, publícanse as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, e proponse o seu nomeamento nas categorías grupo III asistente de dirección e grupo III técnico de mantemento da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco).

Ambas as resolucións publicaranse no portal web corporativo da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco) www.expocoruna.com

A Coruña, 17 de novembro de 2023

Andrés Fernández Calderón
Director xerente da Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco)