DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de dúas (2) prazas de operario de servizos múltiples (persoal laboral fixo).

No BOP de Lugo número 267, do 21 de novembro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir as seguintes prazas:

A) Persoal laboral fixo:

Denominación: operario/a servizos múltiples.

Grupo: AP.

Nivel: 11.

Núm. de prazas: 2.

Duración do contrato: laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 21 de novembro de 2023

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde