DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a de edificación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 209, do 2 de novembro de 2023, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a de edificación.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 7 de novembro de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente