DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO do extracto das convocatorias e bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal laboral fixo en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 296, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as convocatorias e as bases para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, no Concello de Castroverde, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021) que a seguir se relacionan:

– Dúas (2) prazas de limpador/a, do cadro de persoal laboral fixo pertencente ao grupo de cotización 10 mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

– Unha (1) praza de peón de servizos múltiples, do cadro de persoal laboral fixo pertencente ao grupo de cotización 10 mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no BOP de Lugo, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Castroverde.

Castroverde, 13 de novembro de 2023

Xosé María Arias Fernández
Alcalde