DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da publicación da resolución e adxudicación de postos de traballo referentes ao concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello da Coruña, C.E. 1/19.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 226, do 27.11.2023, e núm. 233, do 7.12.2023, publicouse a resolución e adxudicación de postos de traballo referentes ao concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello da Coruña, C.E. 1/19, convocado pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, do 24.5.2019, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 107, do 7.6.2019. Para os efectos do cómputo de prazos dos recursos que procedan fronte á mencionada resolución, observarase o establecido no anuncio publicado no BOP o 7.12.2023.

En cumprimento do establecido na base 10 das bases reguladoras da convocatoria, publicase este anuncio para os efectos oportunos.

A Coruña, 7 de decembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana