DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de rectificación de erros na aprobación das bases específicas da convocatoria extraordinaria e excepcional, polo sistema de concurso, de acordo co previsto no artigo 61.6 e 7 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, para a cobertura en propiedade, como persoal laboral fixo, de dúas prazas de limpador/a e dunha praza de educador/a social, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2021 para a estabilización do emprego temporal, ao abeiro do establecido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e a convocatoria e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos das prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2021 (OEP-E-2021) para a estabilización do emprego temporal no Concello de Pontedeume.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) núm. 215/2023, do 10 de novembro, publicase o anuncio de rectificación de erros na aprobación das bases específicas da convocatoria extraordinaria e excepcional, polo sistema de concurso, de acordo co previsto no artigo 61.6 e 7 do TREBEP, para a cobertura en propiedade, como persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de limpador/a e dunha (1) praza de educador/a social.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Pontedeume, 15 de novembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía 343/2023, do 21 de xuño)
José Simoes Couceiro
Concelleiro delegado de Persoal e Réxime Interior