DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO da oferta de emprego público 2023.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía do 4 de decembro de 2023 aprobouse a oferta de emprego público do Concello da Pastoriza para o ano 2023, que comprende as prazas que a continuación se mencionan dotadas no orzamento da corporación e, en atención ao disposto no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023,

Categoría

Nº vacantes

Denominación

Tipo de xornada

Sistema de selección

Persoal laboral

1

Operario de servizos múltiples

Completa

Concurso-oposición

Persoal laboral

1

Conserxe do colexio

Parcial, 25 horas semanais

Concurso-oposición

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

A Pastoriza, 4 de decembro de 2023

Darío Cabaneiro Santomé
Alcalde presidente