DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69764

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 18 de decembro de 2023, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 69123 foi indebidamente incluída a aspirante María Belén Iglesias González ***4813**, e procédese, por tanto, á súa exclusión da listaxe publicada.