DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69761

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda promoción interna), que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/2452/2022, do 24 de marzo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza resolveuse adxudicar destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda promoción interna), nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de tramitación procesual e administrativa pola Orde do 27 de novembro de 2023, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Ao persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, ao cal se lle outorga destino nesta resolución, deberá tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Ao persoal funcionario destinado en virtude desta resolución e que opte por continuar en activo no corpo de auxilio xudicial, non será necesario que se desprace a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comunique, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos, a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. A copia da resolución pola que se lle declara en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

Terceiro. No caso de que o persoal funcionario opte por ingresar no corpo de tramitación procesual e administrativa e queira evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderá solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionario/a do corpo de auxilio xudicial, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles que haxan de desprazarse desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, nese caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.

No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de auxilio xudicial e o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de tramitación procesual e administrativa co obxecto de evitar interrupción na percepción das súas haberes.

En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza; outro exemplar será entregado á persoa interesada e o outro quedará para constancia no órgano xudicial.

Cuarto. O persoal funcionario que opte por permanecer no novo posto do corpo de tramitación procesual e administrativa, terá dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, permiso do que se deducirán os días previstos no punto terceiro desta resolución.

Quinto. O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas, que fosen adxudicadas ás persoas aspirantes aprobadas, cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do persoal titular.

Sexto. O persoal funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, ao cal se outorga destino en virtude desta resolución, non obstante o ser destinado con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderá participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos estarase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas ás persoas aspirantes mediante a Resolución do 17 de outubro (Boletín Oficial del Estado do 27 de outubro), non adxudicadas ás persoas aspirantes de novo ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa, quenda de promoción interna, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para as persoas aspirantes ao ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da quenda libre.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de la xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Corpo: tramitación procesual e administrativa

Nº opositora

NIF

Apelidos e nome

Descrición
unidade

Descripción
do posto

Localidade

Provincia

Comunidade autónoma

1

**3025**

Martínez Bahamonde, Rocío

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Tramitación procesual e administrativa

O Barco de Valdeorras

Ourense

Galicia