DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69727

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR815A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 14 de xuño. de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 11 de setembro de 2023, de conformidade coa Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño) para a execución de:

– Sete proxectos para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, por un importe global de douscentos mil euros (200.000,00 €), coas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación
en materia de cooperación para o desenvolvemento

Número de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total (€)

Subvención proposta

Total (€)

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

PR815A 2023/5

Universidade de Santiago de Compostela en agrupación con Farmacéuticos Mundi

Aprendizaxe-servizo e cooperación para o desenvolvemento. Formando para a cidadanía global

30.000,00

28.450,00

14.225,00

14.225,00

PR815A 2023/3

Universidade de Santiago de Compostela

Patrimonio xeomorfolóxico de pasos montañosos en itinerarios culturais: os casos dos pasos internacionais Pehuenche e do Planchón-Vergara nos Andes centrais (Mendoza, Arxentina) e os camiños de Santiago nas serras orientais de Galicia. Aplicación metodolóxica comparada para a súa conversión como ferramenta de desenvolvemento endóxeno en poboacións de montaña

37.075,71

30.000,00

15.000,00

15.000,00

PR815A 2023/10

Universidade da Coruña en agrupación con Axuda en Acción

Plan de resposta diferenciada e deseño de metodoloxía de construción de vivenda de reasentamento ou retorno nas crises humanitarias de Cabo Delgado, Mozambique

34.000,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

PR815A 2023/15

Universidade de Santiago de Compostela

Monitoraxe e evolución comparativa de actuacións agroforestais no Corredor Seco de Guatemala

31.578,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

PR815A 2023/8

Universidade de Vigo

Revalorización sustentable de residuos vexetais de alto valor engadido para inhibir a oxidación lipídica en sistemas alimentarios

31.578,94

30.000,00

15.000,00

15.000,00

PR815A 2023/12

Universidade de Santiago de Compostela en agrupación con Ecos do Sur

Mulleres de fronte desde o Sur global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música

32.500,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

PR815A 2023/6

Universidade de Vigo en agrupación coa Universidade de Santiago de Compostela

Acompañamento biopsicosocial a mulleres indíxenas vulnerables en Perú

31.578,94

21.550,00

10.775,00

10.775,00

Total convocatoria

228.311,59

200.000,00

100.000,00

100.000,00