DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69729

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR804B).

Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 5 de setembro de 2023, de conformidade coa Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 120, do 26 de xuño):

– Tres microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, promovidos polos axentes de cooperación, por un importe global de sesenta e tres mil cincocentos vinte e nove euros con noventa e seis céntimos (63.529,96 €), coas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para microproxectos

Número de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

PR804B 2023-3

Asociación Integral Rescate Emergencias- AIRE

Reactivación da poboación civil saharauí

31.800,00

30.000,00

30.000,00

PR804B 2023-2

Escuela Shantidi

Construíndo saúde. Cuarta parte. India

7.637,33

3.572,20

3.572,20

PR804B 2023-4

Miradas al Mundo

Mellorar o acceso a medios de vida (auga e alimentación) nas localidades de Dembanje, Basseor e Yal, na Guinea Bissau, con especial atención ás mulleres

31.882,25

29.957,76

29.957,76

Total

63.529,96

63.529,96