DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70194

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR101L).

missing image file

O Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece que as axudas previstas no artigo 17.1.c) abranguerán investimentos materiais ou inmateriais en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e do sector forestal, incluído o acceso ás superficies agrícolas e forestais, a consolidación e mellora de terras e a subministración e aforro de enerxía e auga.

Neste contexto, o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo, a través da Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo, e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C (2023) 1540 final, do 28 de febreiro de 2023, inclúe a submedida 04.3, Investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura, a través da cal se promoven investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións, tales como a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade aos predios agrarios e forestais, as melloras na rede de abastecemento ou na de saneamento das explotacións agrarias.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para poder seguir cumprindo coas súas funcións.

Dentro do ámbito de competencias desta consellería, elaborouse o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no cal se recollen actuacións directas para a mellora das infraestruturas agrarias, enmarcadas no ámbito das actuacións correspondentes á submedida 04.3 do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

No dito plan recóllense as condicións para a elaboración das propostas de actuacións, así como para a participación dos concellos, que cumpren as condicións de admisibilidade que se recollen nel. Estas actuacións realizaranse sobre infraestruturas rurais (camiños) de titularidade pública.

A cada vez maior dimensión e tamaño dos vehículos e a maquinaria agrícolas fan necesaria a realización deste plan para a mellora da capacidade portante dos camiños que forman parte de redes de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, garantindo o adecuado tránsito de vehículos e maquinaria e, polo tanto, da competitividade das explotacións agrarias.

O Plan recolle os criterios de repartición dos fondos públicos asignados a este fin, para o que se estableceu unha asignación fixa por concello (módulo mínimo) en función da porcentaxe do uso da terra definida como a relación entre a base territorial das explotacións agrarias dentro das zonas de concentración parcelaria e a superficie territorial das ditas zonas, ao que se suma un termo variable en función da lonxitude das pistas e superficie da concentración parcelaria no correspondente concello.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024, procedemento administrativo MR101L, así como a convocatoria das axudas previstas no dito plan no marco da submedida M0 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020, recollido no anexo I.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta orde como anexos IV (solicitude de axuda), V (renuncia) e VI (solicitude de pagamento).

Cuarto. Aprobar o modelo de resolución de concesión de axuda.

Contra esta orde cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024: mellora de camiños municipais de zonas de concentración
ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR
de Galicia 2014-2020, en réxime de concesión directa

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é:

a) Establecer as normas de xestión do procedemento para a concesión das axudas que se outorguen ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024: mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas.

b) Aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para o ano 2024.

c) Aprobar os importes máximos para cada concello.

d) Aprobar os formularios para a xestión do procedemento.

e) Aprobar o modelo de resolución de concesión da axuda.

2. As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa ao abeiro do artigo 19.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 29 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei , atendendo aos límites máximos de axuda que poden corresponder a cada concello en función dos criterios que se determinan no anexo II.

3. O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR101L.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde, enténdese como:

a) Zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas: aquelas que acadaron a firmeza do acordo.

b) Base territorial (ha): superficie asociada ás explotacións agropecuarias sitas en zonas de concentración rematadas, de acordo coa información recollida no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

c) UGM bovino (nº): número de unidades de gando maior de bovino das explotacións presentes nun concello, segundo datos do Reaga.

d) Lonxitude de camiños en concentración parcelaria (km): quilómetros de camiños que están dentro dos perímetros das concentracións ou reestruturacións parcelarias rematadas.

e) Superficie de concentración parcelaria (ha): superficie total das concentracións ou reestruturacións parcelarias que, dentro dos límites de cada concello, estean rematadas.

f) Porcentaxe de uso da terra (%): relación entre a superficie da base territorial dentro das zonas de concentración ou reestruturación parcelaria e a superficie total das zonas.

g) Camiño municipal: aquel camiño que cumpra as seguintes dúas condicións:

i) Que sexa de titularidade municipal.

ii) Que estea dentro dunha zona de concentración/reestruturación parcelaria ou comunique núcleos de poboación dentro das ditas zonas.

Artigo 3. Concellos beneficiarios e requisitos de admisibilidade

1. Poden ser concellos beneficiarios todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter, dentro dos seus límites, zonas de reestruturación ou concentración parcelaria rematadas.

b) Conter un mínimo de 10 quilómetros de camiños nas ditas zonas.

c) Ter unha porcentaxe do uso da terra, segundo a definición do artigo 2, superior ao 39 %.

d) Ter remitido ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 18 desta orde.

2. Non poderán ter a condición de concellos beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación e/ou mellora dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incida na mellora da seguranza viaria, permita o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

2. Para os efectos desta orde, enténdese por camiño municipal o previsto no artigo 2.g) desta orde.

3. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres proxectos.

Cada proxecto poderá comprender un máximo de tres actuacións. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física.

4. Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

Os concellos solicitantes poderán iniciar a execución dos proxectos antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non están iniciados na data de solicitude da axuda mediante acta que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, na forma establecida no artigo 11.1.e).

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, dentro do termo municipal e no ámbito do perímetro dunha zona de concentración/reestruturación parcelaria rematada, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016).

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal, definidos no artigo 2.f).

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas. Isto significa que no momento do pagamento final cumpran cos obxectivos e funcións para os cales se concedeu a axuda.

5. Cada proxecto que se presente deberá axustarse ás seguintes especificacións:

a) Deberá integrarse nun único documento en formato pdf asinado, en que se recolla:

1º. Memoria descritiva coa identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas.

2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

3º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que facilitará a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

4º. Planos de localización e de detalle necesarios, indicando o trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados.

5º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

6º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións.

Os custos do control de calidade non deberán integrarse no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable, nos termos previstos no artigo 5.1.b) desta norma.

b) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que están publicadas na ligazón http://212.51.53.216/pdf/Transparencia/tarifas/TARIFAS_SEAGA_VIXENTES.pdf

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que a conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

1º. Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

2º. Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere en máis dun 20 % o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

c) Non se admitirán actuacións descontinuas ou que consistan no arranxo parcial de treitos de camiño de lonxitude inferior aos 100 metros ou que non abranguen a totalidade do largo da plataforma do camiño.

d) Unha vez presentada a solicitude de axuda non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das recollidas inicialmente no proxecto de obra.

e) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas nos plans de mellora de camiños de titularidade municipal ou en procesos de reestruturación parcelaria financiados con fondos Feader nos últimos 5 anos. Neste caso excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora e/ou ampliación da rede viaria existente. En particular:

a) Obra civil vinculada á execución do proxecto.

b) Servizo de control da calidade externo da obra.

2. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de equipamento ou instalacións básicas, como por exemplo obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou ambiental.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O panel de obra.

Artigo 6. Obrigas dos concellos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os concellos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco anos, contados desde a data de pagamento final da axuda. Serán por conta do concello os custos necesarios para a súa xustificación. O concello debe asumir todas cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na LCSP.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

d) Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de concellos beneficiarios.

h) Cumprir coas obrigas de publicidade, que consistirán en publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, en particular, do seguinte xeito:

i) Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión dos seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Así mismo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural facilitará o modelo, formato e dimensións do panel informativo.

ii) No caso de que o concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

j) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade co artigo 46 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, deberán proporcionarlle á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.

k) Os concellos beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

l) Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á orde como anexo V.

Artigo 7. Intensidade da axuda

1. A axuda terá unha intensidade do 100 % dos gastos subvencionables. A contía da axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

2. O importe máximo da axuda que corresponde a cada concello beneficiario é o indicado no anexo II.

Artigo 8. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. Unha operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos estruturais e de investimento europeos (fondos EIE), ou de un ou de varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV. Solicitude) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

5. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981 54 39 72 ou 981 54 47 66, e o enderezo de correo electrónico supervision-proxectos.mr@xunta.gal

Artigo 10. Prazo de presentación da solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. Os concellos interesados deberán achegar, coa solicitude do modelo normalizado que figura no anexo IV, a seguinte documentación:

a) Documentación técnica de solicitude nos termos previstos no artigo 4.

b) Certificación expedida pola persoa titular da secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do/da representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación nesta orde de rehabilitación de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da secretaría ou da intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, en que se indique:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no/s proxecto/s nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, o ano e a orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

3º. Se o/s proxecto/s cumpre/n coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.

4º. Se para a execución do/s proxecto/s resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.

e) Acta asinada por técnico/a municipal, que teña a condición de empregado público, ou pola persoa titular da secretaría municipal, que reflicta fidedignamente o non inicio do proxecto para o cal se pide a axuda. Para estes efectos, será facilitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural un modelo normalizado de acta.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algún dos concellos beneficiarios presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Os concellos beneficiarios responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 14. Criterios de selección

1. Para seleccionar os concellos beneficiarios ou que serán obxecto de axuda establécese un baremo de puntuación de acordo coas puntuacións recollidas no documento de criterios de selección de operacións PDR Galicia 2014-2020. Os datos empregados son o número de UGM bovino no concello e a porcentaxe do uso de terra nas zonas de concentración parcelaria. Os datos de cada concello beneficiario aparecen reflectidos no anexo III da presente convocatoria. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nas letras a) e b).

2. A puntuación mínima para ser subvencionable unha operación será de 3 puntos.

3. No caso de igualdade de puntos, priorizaranse as actuacións en función da puntuación obtida en cada un dos criterios na orde en que están definidos. En caso de persistir o empate ordenaranse polo valor absoluto das UGM de bovino no municipio correspondente, segundo o publicado no anexo III desta orde.

4. Os criterios que se aplicarán son os seguintes.

a) UGM de bovino de cada concello: ata 25 puntos en función do tamaño da cabana gandeira de bovino, co seguinte baremo de puntuación:

25 puntos: UGM > 15.000

20 puntos: 15.000 ≥ UGM > 10.000

18 puntos: 10.000 ≥ UGM > 8.000

15 puntos: 8.000 ≥ UGM > 5.000

10 puntos: 5.000 ≥ UGM > 2.500

8 puntos: 2.500 ≥ UGM > 1.000

5 puntos: 1.000 ≥ UGM > 500

3 puntos: 500 ≥ UGM > 100

1 punto: UGM ≤ 100

b) Porcentaxe de uso da terra: ata 25 puntos en función da relación en % entre a base territorial das explotacións agrarias localizadas nas zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas e a superficie total das ditas zonas, segundo o seguinte baremo de puntuación:

25 puntos: uso da terra > 50

16 puntos: 50 ≥ uso da terra > 40

10 puntos: 40 ≥ uso da terra > 30

Artigo 15. Contía das axudas

1. O módulo mínimo da subvención por concello beneficiario será: 125.000,00 €.

2. Ao módulo mínimo da subvención sumarase un termo variable, no cal a contía da axuda se incrementará, multiplicando o módulo mínimo por un factor multiplicador normalizado, resultante da suma do valor normalizado da lonxitude de pistas en concentración parcelaria e da superficie de concentración parcelaria.

3. A contía máxima da subvención que se percibirá será a resultante de sumar o módulo mínimo e o termo variable, ata un máximo de 200.000,00 €. As contías máximas individuais por concello aparecen especificadas no anexo II.

Artigo 16. Tramitación e resolución

1. Compete á Subdirección de Infraestruturas Agrarias o estudo e análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo da necesaria coordinación coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar o asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá a entidade interesada para que a emende no prazo máximo de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT); á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. As notificacións do requirimento de emenda efectuaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 17.

4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, segundo o especificado no artigo 12, Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, desta orde.

5. Co fin de completar a instrución do procedemento, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. A persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, resolverá motivadamente a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Infraestruturas Agrarias.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de 4 meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos beneficiarios poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lles notificou resolución expresa.

Artigo 17. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no número 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Malia o establecido nos anteriores números, e de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a orde procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpolos.

Artigo 18. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar os proxectos nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), e na demais normativa que rexe a contratación para as entidades públicas locais.

2. No caso da contratación mediante o procedemento de contrato menor deberá terse en conta que:

a) Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

b) As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

c) As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

3. No caso de que se recollan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da LCSP. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se pague equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

4. Calquera modificación do/s proxecto/s de obra deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e, en calquera caso, deberase tramitar o correspondente modificado nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

5. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5.1.b) desta norma. Os concellos tramitarán un único procedemento para a contratación do servizo de control de calidade, comprensivo de todas as obras executadas ao abeiro do/s proxecto/s aprobado/s.

No caso de que o concello opte polo procedemento de contrato menor deberá solicitar igualmente tres ofertas tal e como se indica no número 2 deste artigo.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda a pagar equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.

Este control deberá abranguer, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Control da calidade dos materiais empregados.

b) Control da calidade dos métodos de execución.

c) Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación das obras executadas ao/s proxecto/s aprobado/s. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao/s proxecto/s.

Artigo 19. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 2 de setembro de 2024.

2. A presentación da solicitude de pagamento (anexo VI) realizarase unicamente por medios electrónicos e achegarase a documentación xustificativa accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, segundo o especificado no artigo 12, Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, desta orde, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen tela presentado, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 17 desta convocatoria.

3. Xunto coa solicitude de pagamento final, deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade Feader, nos termos previstos no artigo 6.h).i.

c) Facturas rexistradas no punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán validarse co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia, nos termos establecidos na solicitude de pagamento (anexo VI).

f) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. O acordo de aprobación do proxecto técnico das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. A aprobación da correspondente certificación parcial de obra por parte do órgano municipal competente.

g) Certificación ou informe da persoa titular da secretaría ou da intervención da entidade local ou, de ser o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do concello, teña atribuídas as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación pública se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público vixente, así como dos seguintes aspectos:

1º. Procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

2º. Criterios de valoración incluídos nos pregos de cláusulas administrativas particulares, con indicación da ponderación de cada un deles.

Este informe ou certificación acompañarase do listado de comprobacións para operacións de investimento público nun formato que será facilitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

h) Certificación expedida pola secretaría da entidade local acreditativa da aprobación da certificación final de obra por parte do órgano municipal competente.

i) Informe do/da técnico/a municipal competente, acreditativo do cumprimento da lexislación urbanística e sectorial, así como do planeamento en vigor, con indicación de se proceden ou non permisos e/ou autorizacións doutros organismos para a execución do proxecto.

j) Informe do/da técnico/a municipal competente, acreditativo do cumprimento da lexislación urbanística e sectorial, así como do planeamento en vigor, con indicación de se proceden ou non permisos e/ou autorizacións doutros organismos para a execución do proxecto

k) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 18.5 desta norma. Deberanse incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado, asinadas polo/a director/a de obra ou polo responsable do control.

Artigo 20. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

a) A operación finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

b) Os custos contraídos e os gastos realizados.

c) A verificación da moderación dos custos xustificados.

2. Todas as operacións de investimento incluirán, polo menos, unha visita in situ ao lugar da operación para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

3. Para estes efectos, determinarase:

a) O importe que se pode conceder ao concello beneficiario en función da solicitude de pagamento establecerase na resolución de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o concello beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se pode conceder ao concello beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o concello beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo.

A cantidade que se pagará ao concello beneficiario será a definida no importe b).

Cando o importe a) supera ao importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes, non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

4. No caso de incumprimentos de normas relacionadas coa contratación pública, tomaranse como referencia as porcentaxes indicadas no anexo da Decisión da Comisión, do 19 de decembro de 2013, relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, no caso de incumprimento de normas en materia de contratación pública.

Artigo 21. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 6.000.000,00 € que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-05-551A-760.0 (código de proxecto 2023-00167) dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución por fondos:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Xunta (17,5 %)

MAPA (7,5 %)

2024

6.000.000,00 €

4.500.000,00 €

1.050.000,00 €

450.000,00 €

2. O importe global de financiamento distribúese entre todos os concellos beneficiarios en aplicación dos criterios establecidos no anexo II, para a concesión, a través do procedemento de concesión directa, das axudas correspondentes ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024: mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos concellos beneficiarios.

3. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, e coa Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2024, no momento da resolución.

4. En caso de que o importe global de financiamento sexa insuficiente para atender a todas as solicitudes presentadas que teñan dereito á axuda, o importe máximo por concello ratearase proporcionalmente entre todos os concellos beneficiarios.

Artigo 22. Réxime de pagamentos

1. Con cargo á anualidade 2024, tramitarase o pagamento que se xustifique, sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

2. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade no prazo establecido no artigo 19.1 devirá na perda parcial do dereito ao cobramento da axuda, polo importe indebidamente xustificado.

Artigo 23. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na orde de adxudicación da subvención.

2. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a entidade beneficiaria indicado na resolución de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012, modificado polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe o mantemento do ben ou da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.

4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención.

b) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da entidade subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 26. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias das axudas, de ser o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG e no VI do RLSG, e, de ser o caso, ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014.

Artigo 27. Indicadores de resultados

Considerarase o número de camiños rurais construídos ou mellorados en que se actúa de acordo coa tipoloxía establecida:

Actuación

Previsión

Nº de camiños rurais construídos e/ou mellorados

150

Disposición adicional primeira. Regulación normativa

No non previsto nesta orde, observarase o disposto na seguinte normativa:

a) Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.

a) Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Normativa comunitaria:

Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para os efectos da concesión da axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2014ES06RDRP011) e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C (2023) 1540 final, do 28 de febreiro de 2023.

Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, ao FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Decisión da Comisión do 19 de decembro de 2013 relativa ao establecemento e á aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, en caso de incumprimento das normas en materia de contratación pública.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Información adicional

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

b) No teléfono 981 54 39 72 ou 981 54 47 66.

c) De xeito presencial, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 39 72 ou 981 54 47 66.

Disposición adicional cuarta. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Xestión do procedemento

A persoa titular da Consellería do Medio Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO II

Importe máximo da axuda por concello

A contía máxima de axuda por concello calcúlase segundo o establecido no artigo 15 desta orde.

Provincia

Concello

Base territorial (ha)

Uso da terra ( %)

Lonxitude pistas (km)

Superficie CP (ha)

Coef.

Axuda máxima €

Ourense

Castro Caldelas

308,67

74,21 %

31,75

415,95

0,019

127.364,42 €

A Coruña

Mazaricos

3.114,7

63,75 %

331,02

4.885,95

0,312

164.031,00 €

Ourense

Sarreaus

2.084,69

62,68 %

158,89

3.326,04

0,18

147.472,34 €

Ourense

Vilar de Barrio

679,93

60,64 %

55,59

1.121,3

0,055

131.850,50 €

Lugo

Cospeito

565,33

57,82 %

70,78

977,66

0,056

132.050,96 €

Lugo

Sarria

647,05

57,34 %

62,06

1.128,51

0,058

132.242,60 €

Lugo

Pastoriza, A

8.374,42

56,33 %

867,97

14.867,81

0,909

200.000,00 €

Lugo

Chantada

473,07

55,15 %

61,07

857,8

0,048

130.974,54 €

Ourense

Xinzo de Limia

4.505,61

54,68 %

445,2

8.239,48

0,483

185.405,22 €

A Coruña

Sobrado

103,73

54,60 %

10,44

189,97

0,001

125.167,25 €

Pontevedra

Lalín

509,45

54,48 %

61,16

935,05

0,051

131.325,35 €

Lugo

Ribadeo

2.390,23

52,30 %

352,42

4.569,98

0,31

163.804,22 €

A Coruña

Muxía

1.414,41

50,35 %

236,88

2.809,32

0,196

149.492,13 €

Lugo

Barreiros

1.164,97

49,75 %

162,34

2.341,64

0,146

143.253,10 €

A Coruña

Cabana de Bergantiños

242,87

48,86 %

37,09

497,08

0,024

128.024,62 €

Ourense

Trasmiras

1.973,27

48,48 %

239,2

4.070,57

0,242

155.272,91 €

Ourense

Sandiás

1.267,47

48,21 %

150,76

2.628,98

0,151

143.897,00 €

Lugo

Samos

281,82

48,12 %

37,19

585,61

0,027

128.427,25 €

Lugo

Foz

791,77

47,88 %

133,77

1.653,63

0,109

138.582,03 €

A Coruña

Vimianzo

1.389,57

47,31 %

233,31

2.937,37

0,199

149.867,78 €

Pontevedra

Silleda

3.362,03

46,97 %

523,6

7.158,1

0,479

184.917,61 €

Ourense

Vilar de Santos

587,47

45,86 %

78,38

1.280,96

0,071

133.832,92 €

Ourense

Maceda

348,36

45,17 %

57,94

771,13

0,043

130.411,81 €

A Coruña

Zas

1.135,44

45,17 %

180,83

2.513,98

0,16

145.052,98 €

Lugo

Valadouro, O

329,62

44,67 %

64,67

737,95

0,045

130.637,28 €

Lugo

Castro de Rei

3.569,69

43,94 %

506,96

8.123,92

0,507

188.320,13 €

Lugo

Pol

2.127,28

43,19 %

307,05

4.925,46

0,303

162.875,36 €

Lugo

Friol

414,65

43,12 %

49,69

961,58

0,046

130.806,99 €

A Coruña

Santa Comba

3.673,71

42,35 %

423,58

8675,1

0,489

186.155,38 €

Ourense

Porqueira

1.146,77

41,79 %

181,33

2.743,84

0,169

146.110,83 €

A Coruña

Irixoa

348,71

41,63 %

59,61

837,65

0,046

130.802,99 €

A Coruña

Vilasantar

661,11

41,17 %

79,3

1.605,89

0,083

135.339,83 €

A Coruña

Arzúa

4.252,49

40,94 %

578,08

10.388,23

0,619

200.000,00 €

A Coruña

Mesía

3.681,29

40,77 %

447,02

9.028,98

0,512

189.043,89 €

Lugo

Bóveda

243,05

40,48 %

44,2

600,49

0,031

128.883,75 €

Lugo

Baralla

214,9

40,43 %

30,71

531,61

0,023

127.825,19 €

A Coruña

Frades

3.259,32

40,23 %

424,71

8.100,83

0,469

183.644,45 €

Pontevedra

Dozón

122,8

40,09 %

17,38

306,3

0,009

126.074,48 €

Pontevedra

Rodeiro

976,47

40,09 %

147,75

2.435,76

0,143

142.863,34 €

A Coruña

Trazo

2.546,87

39,44 %

365,08

6.456,79

0,384

172.963,00 €

A Coruña

San Sadurniño

770,06

39,22 %

124,73

1.963,56

0,116

134.800,24 €

A Coruña

Moeche

565,00

39,10 %

82,55

1.445,16

0,078

144.478,25 €

A Coruña

Rois

991,19

39,00 %

168,28

2.541,39

0,156

130.961,19 €

ANEXO III

Datos por concello

Provincia

Concello

UGM bovino

(a)

Uso da terra (%)

(b)

Ourense

Castro Caldelas

2041,6

74,21 %

A Coruña

Mazaricos

19894,6

63,75 %

Ourense

Sarreaus

935,4

62,68 %

Ourense

Vilar de Barrio

1218,4

60,64 %

Lugo

Cospeito

11726

57,82 %

Lugo

Sarria

16411,8

57,34 %

Lugo

Pastoriza, A

20520

56,33 %

Lugo

Chantada

10976,4

55,15 %

Ourense

Xinzo de Limia

1099,2

54,68 %

A Coruña

Sobrado

6343,2

54,60 %

Pontevedra

Lalín

20797,2

54,48 %

Lugo

Ribadeo

4901,4

52,30 %

A Coruña

Muxía

4945,6

50,35 %

Lugo

Barreiros

3522,2

49,75 %

A Coruña

Cabana de Bergantiños

2164

48,86 %

Ourense

Trasmiras

249

48,48 %

Ourense

Sandiás

366,6

48,21 %

Lugo

Samos

5184,2

48,12 %

Lugo

Foz

1612

47,88 %

A Coruña

Vimianzo

6202,4

47,31 %

Pontevedra

Silleda

9596,4

46,97 %

Ourense

Vilar de Santos

228,8

45,86 %

Ourense

Maceda

2096,4

45,17 %

A Coruña

Zas

4503,2

45,17 %

Lugo

Valadouro, O

2835

44,67 %

Lugo

Castro de Rei

17678,2

43,94 %

Lugo

Pol

9313,2

43,19 %

Lugo

Friol

13792,2

43,12 %

A Coruña

Santa Comba

14306,2

42,35 %

Ourense

Porqueira

297

41,79 %

A Coruña

Irixoa

2171,2

41,63 %

A Coruña

Vilasantar

3047

41,17 %

A Coruña

Arzúa

11953,6

40,94 %

A Coruña

Mesía

10668

40,77 %

Lugo

Bóveda

1789,8

40,48 %

Lugo

Baralla

5206

40,43 %

A Coruña

Frades

12743,2

40,23 %

Pontevedra

Dozón

5345,2

40,09 %

Pontevedra

Rodeiro

11395

40,09 %

A Coruña

Trazo

9548

39,44 %

A Coruña

San Sadurniño

1717

39,22 %

A Coruña

Moeche

1371

39,10 %

A Coruña

Rois

3358,8

39,00 %

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Anexo VII

Modelo de resolución de concesión de axuda

Resolución do conselleiro do Medio Rural, do ... de ... 2023, pola que se concede ao Concello de ... unha axuda ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024: mellora de camiños municipais de concellos con zonas de concentración/reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 prevé na ficha correspondente á submedida 4.3 o apoio a investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura. Especificamente, recolle a promoción dos investimentos en infraestruturas relacionadas coas explotacións e, en particular, a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, incidindo directamente na área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).

Dentro do ámbito competencial da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, o Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024 constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal, a través de axudas instrumentadas segundo o procedemento de concorrencia competitiva previsto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 29 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei.

O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa ao abeiro do artigo 19.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 29 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, e fundamentada en razóns de interese público que redundan en beneficio dos concellos de Galicia con redes de camiños executadas ao abeiro dos plans de concentración e/ou reestruturación parcelaria, co obxectivo último de mellorar as infraestruturas viarias, xerando cohesión social e territorial e mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal e mellorando os resultados económicos de todas as explotacións, e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular, co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Para o financiamento do citado plan está prevista unha dotación orzamentaria de 6.000.000,00 €, con cargo á conta orzamentaria dos orzamentos da Consellería do Medio Rural 14-05-551A-760.0 (código de proxecto 2023-00167) dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. As cantidades serán asignadas aos concellos segundo o establecido no anexo II.

De acordo co anterior, logo da instrución do procedemento nos termos previstos no plan, e por proposta da Subdirección de Infraestruturas Agrarias, a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlle ao Concello de ... unha axuda por importe de ... €, ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024: mellora de camiños municipais de concellos con zonas de concentración/reestruturación parcelaria rematadas, co seguinte importe:

Importe

Aplicación orzamentaria 14-05-551A-760.0 (cód. proxecto 2023-00167)

Esta actuación está cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 4.3, Investimentos en infraestruturas destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura, coa seguinte distribución de fondos:

Anualidade

Importe

Desagregación por fontes financeiras

Feader (75 %)

Xunta (17,5 %)

MAPA (7,5 %)

2024

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa ao abeiro do artigo 19.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 29 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei.

Segundo. O procedemento de xestión das subvencións, así como o réxime de xustificación dos investimentos subvencionables é o referido nesta resolución para a concesión, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024: mellora de camiños municipais de concellos con zonas de concentración/reestruturación parcelaria rematada.

Terceiro. O prazo final de execución e xustificación será o 2 de setembro de 2024.

A xustificación documental dos investimentos realizarase nos termos previstos no artigo 19 desta resolución para a concesión, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024: mellora de camiños municipais de concellos con zonas de concentración/reestruturación parcelaria rematada.

Cuarto. O réxime de pagamentos será o establecido no artigo 22 do Plan de rehabilitación de camiños rurais 2023-2024: mellora de camiños municipais de concellos con zonas de concentración/reestruturación parcelaria rematada.

Quinto. Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos contados desde a data de pagamento final da axuda. Serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Comunicar á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

h) Deberase publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, en particular, do seguinte xeito:

– Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, coa inclusión do seguintes elementos: a bandeira europea, a referencia ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a inclusión do lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Así mesmo, incluirán unha referencia á participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas, mediante a inclusión do logotipo deste organismo. O panel será de material resistente e ríxido, e deberá estar colocado ata o momento da realización da visita in situ.

– No caso de que o concello teña páxina web, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. De conformidade co artigo 24 e seguintes do citado regulamento, entre estas actuacións de comprobación efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, así como os controis sobre o terreo e controis a posteriori que se determinen. Ademais, en aplicación dos disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, deberán proporcionarlles á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.

k) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta orde, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.

l) Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Sexto. Esta operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos EIE ou de un ou de varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe dos investimentos.

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Sétimo. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG, desenvolvido no título VI do RLSG.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.