DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70493

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

O 5 de agosto de 2021, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou a Resolución do 26 de xullo de 2021 (DOG núm. 149, do 5 de agosto) pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) aprobado mediante o Real decreto 266/2021, do 13 de abril, co obxecto de establecer as bases reguladoras para a concesión destas axudas, coa finalidade de contribuír á descarbonización do sector do transporte e a reactivar a actividade económica do país, no marco dos fins perseguidos polo Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia e polo Plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-2030. A citada Resolución do 26 de xullo de 2021 foi modificada mediante a Resolución do 21 de outubro de 2021 publicada no DOG do 27 de outubro, a Resolución do 23 de decembro de 2021 publicada no DOG do 13 de xaneiro de 2022, a Resolución do 13 de outubro de 2022 publicada no DOG do 21 de outubro e mediante a Resolución do 12 de xuño de 2023 publicada no DOG do 20 de xuño.

O 15 de novembro de 2023 publícase no Boletín Oficial del Estado (BOE) o Real decreto 821/2023, do 14 de novembro, polo que se adapta ao marco europeo de axudas de estado o Real decreto 266/2021 e se amplía a súa vixencia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 28 do Estatuto de autonomía, das facultades conferidas pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co sinalado no Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) nos seguintes termos:

Un. Os parágrafos 12 e 13 da motivación da resolución quedan redactados como segue:

«Estas axudas cando os destinatarios últimos sexan persoas físicas que realicen algunha actividade económica (autónomos), pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estarán sometidos aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. Será de aplicación o mesmo regulamento a aquelas pemes que opten expresamente por iso na solicitude do programa de incentivos 2 de apoio ao despregamento da infraestrutura de recarga.

Cando os destinatarios últimos destas axudas sexan empresas ou persoas xurídicas que realicen algunha actividade económica e/ou mercantil (salvo as pemes que segundo o parágrafo anterior opten por acollerse ás axudas de minimis), estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, aplicándose a exención por categoría de axudas para a protección do ambiente».

Dous. O punto 3 do artigo 2 queda redactado como segue:

«3. Cando os destinatarios últimos destas axudas sexan persoas físicas que realicen algunha actividade económica (autónomos), pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estarán sometidos aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. Será de aplicación o mesmo regulamente a aquelas pemes que opten expresamente por iso na solicitude do programa de incentivos 2 de apoio ao despregamento da infraestrutura de recarga.

Estas axudas, para os casos de empresas ou persoas xurídicas que realicen algunha actividade económica e/ou mercantil (salvo as pemes que segundo o parágrafo anterior opten por acollerse ás axudas de minimis), estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, aplicándose a exención por categoría de axudas para a protección do medio ambiente (sección 7-artigo 36)».

Tres. O punto 3 do artigo 6 queda redactado como segue:

«3. Prazo para presentar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES III en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 266/2021, do 31 de xullo de 2024.

Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I)».

Catro. O punto 2 do artigo 7 queda redactado como segue:

«2. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de setembro de 2021 e rematará o 31 de xullo de 2024».

Cinco. Engádese un punto ix á letra c) do punto3 do artigo 20, coa seguinte redacción:

«ix. Para o caso de instalacións de recarga de potencia inferior ou igual a 22 kW, acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 e con data de resolución posterior ao 1 de xaneiro de 2024 deberán achegar documento de especificacións técnicas do equipo, que acredite que son capaces de soportar funcionalidades de recarga intelixentes, segundo definición do artigo 2, punto 65), do Regulamento (UE) nº 2023/1804, do 13 de setembro».

Seis. «Os anexos III e VIII quedan redactados como se recollen nos anexos desta resolución».

Segundo. A presente resolución producirá efectos de acordo co establecido na disposición transitoria única do Real decreto 821/2023, do 14 de novembro.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file