DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70473

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño).

A Orde do 2 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (DOG núm. 114, do 16.6.2023), establece no seu artigo 14.3 que a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas obtidas polas persoas candidatas, vista a acta do xurado de selección dos premios extraordinarios e por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23 ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23

Ámbito de música:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Manteiga García, Sergio

Conservatorio Profesional de Música de Santiago

Trombón

***6109**

1.000 €

Veloso Rodríguez-Gironés, Miguel

Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Óboe

***7809**

1.000 €

Pérez Torres, Daniel

Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Frauta travesa

***9176**

1.000 €

Ámbito de danza:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Illán Sastre, Ignacio

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Danza contemporánea

***8753**

1.000 €

Ámbito de artes plásticas e deseño:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Vázquez Rodríguez, María Isabel

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Cerámica artística

***7432**

1.000 €

Iglesias Pérez, Raúl

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

Fotografía

***6348**

1.000 €