DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70475

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 14 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 185, do 25 de setembro).

A Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia establece, no seu artigo 14, que unha vez efectuada a selección, a comisión avaliadora elevará, a través da Dirección Xeral de Formación Profesional, un informe-proposta ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira e vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora de adxudicación dos premios fin de carreira, e por proposta da directora xeral de Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira segundo as bases reguladoras da Orde do 14 de setembro de 2023.

Terceiro. Contra esta resolución de adxudicación de premios, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, segundo o previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira en ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia e contía

Modalidade de Arte Dramática:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Fernández Diéguez, Iván

Dirección Escénica e Dramaturxia

ESAD de Galicia

3.500 €

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Leis Regueiro, Andrea

Bens Arqueolóxicos

ESCRBC de Galicia

3.500 €

Modalidade de Deseño:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Vila Moreira, David

Moda

EASD Mestre Mateo

3.500 €

Rodríguez Regueiro, Pablo

Interiores

EASD Ramón Falcón

3.500 €

Modalidade de Música:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

López López, Lucas

Interpretación (canto)

CMUS Superior de Vigo

3.500 €

Galera Martínez, Sandra

Composición

CMUS Superior da Coruña

3.500 €

ANEXO II

Listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira con base no establecido na Orde do 14 de setembro de 2023

Modalidade de Deseño:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Baca Requejo, Jorge

Gráfico

EASD Antonio Faílde

Enríquez Navia, Antía

Interiores

EASD Ramón Falcón

Gómez García, Alicia

Moda

EASD Mestre Mateo

Lillo Ortiz, Tomás

Gráfico

EASD Antonio Faílde

Outumuro Rodríguez, Inés

Moda

EASD Mestre Mateo

Potes Lago, Melanie

Interiores

EASD Ramón Falcón

Modalidade de Música:

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Aneiros Vilariño, Alberto

Composición

CMUS Superior da Coruña

Fernández Sánchez, Iria María

Interpretación (violín)

CMUS Superior da Coruña

Iglesias López, María

Interpretación (trompa)

CMUS Superior da Coruña

Loureiro Hernández, María

Interpretación (saxofón)

CMUS Superior da Coruña

Ochogavias Sotelo, Sara Lía

Musicoloxía (histórica)

CMUS Superior de Vigo

Raña Barreiro, Lara

Interpretación (frauta travesa)

CMUS Superior de Vigo