DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70478

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O 18 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 136 a Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe €

Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

1.561.029,98

Liña II: actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

6.320.022,41

Liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade

13.04.312E.481.1

4.152.594,94

Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade

13.04.312E.781.1

1.775.446,95

Liña V: actuacións destinadas á xuventude

13.06.313A.481.0

480.605,84

Liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado

13.06.312F.481.0

456.414,58

Liña VII: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores

13.05.312E.481.1

2.653.410,00

Liña VIII: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

13.05.312E.781.1

1.134.468,00

Total: 18.533.992,70

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O importe total do citado incremento é de nove millóns douscentos setenta e oito mil douscentos noventa e seis euros con noventa e dous céntimos (9.278.296,92 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes, en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 30 de xuño de 2023:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe €

Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

791.014,75

Liña II: actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

3.160.309,27

Liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con discapacidade

13.04.312E.481.1

690.434,91

Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade

13.04.312E.781.1

2.451.290,83

Liña V: actuacións destinadas á xuventude

13.06.313A.481.0

237.760,42

Liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado

13.06.312F.481.0

230.793,98

Liña VII: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores

13.05.312E.481.1

1.202.544,08

Liña VIII: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

13.05.312E.781.1

514.148,68

Total: 9.278.296,92 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude