DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de corrección de erros na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2023-1546, do 31 de outubro de 2023, aprobouse a seguinte corrección de erros materiais da oferta de emprego público extraordinaria de estabilización do emprego temporal do Concello da Estrada, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 103, do 31 de maio de 2022, e no DOG núm. 105, do 2 de xuño de 2022, modificada mediante Resolución da Alcaldía 2022-1577, do 20 de outubro de 2023, e publicada no BOPPO núm. 207, do 28 de outubro de 2022, no relativo á praza de técnico en drogodependencias e turismo, que queda do seguinte xeito:

Onde di:

B) Persoal laboral

Denominación praza

Categoría

Nº prazas

Concurso-oposición

(art. 2 Lei 20/2021)

Concurso (DA 6ª e 8ª Lei 20/2021)

Técnico en drogodependencias

Persoal laboral grupo I

1

x

Debe dicir:

B) Persoal laboral

Denominación praza

Categoría

Nº prazas

Concurso-oposición

(art. 2 Lei 20/2021)

Concurso (DA 6ª e 8ª Lei 20/2021)

Técnico en drogodependencias e turismo

Persoal laboral grupo I

1

x

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a corrección de erros da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello da Estrada no Boletín Oficial da provincia e/ou no Diario Oficial de Galicia, e remitirase á Administración xeral do Estado en cumprimento do establecido no artigo 56.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

A Estrada, 22 de novembro de 2023

José C. López Campos
Alcalde