DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2023 Páx. 70655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de drogodepencia e turismo incluída na oferta de emprego público de 2022 para a estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 225, do 22 de novembro de 2023, foi publicada a corrección das bases que van rexer a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo, de técnico/a de drogodependencia e turismo, incluída na categoría profesional grupo I, código na RPT 09.00.00.01, polo sistema de concurso-oposición, para a estabilización de emprego temporal derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 22 de novembro de 2023

José C. López Campos
Alcalde