DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de estimación do recurso de reposición contra as bases específicas para a convocatoria dunha praza de orientador/a laboral incluída na OEP para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021. Modificación do requisito de titulación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 225, do 24 de novembro de 2023, e na páxina web do Concello: www.teo.gal, publícase a Resolución da Alcaldía 1388/2023, que estima o recurso de reposición interposto contra as bases específicas para a convocatoria dunha praza de orientador/a laboral incluída na OEP para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021 e se modifica o requisito da titulación.

Teo, 24 de novembro de 2023

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa