DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira e contratación de persoal laboral fixo.

A Resolución da Alcaldía 804/2023, do 29 de xuño, resolveu a contratación como persoal laboral fixo de Roberto Rielo Iglesias, con DNI núm. ***3625**, para ocupar a praza de normalizador lingüístico, subgrupo A 1, correspondente ao proceso extraordinario de estabilización (Lei 20/2021, do 28 de decembro).

A Resolución da Alcaldía 850/2023, do 13 de xullo, resolveu a contratación como persoal laboral fixo de Julio Golán Míguez, con DNI núm. ***8558**, para ocupar a praza de capataz de Protección Civil, subgrupo C2, correspondente ao proceso extraordinario de estabilización (Lei 20/2021, do 28 de decembro).

A Resolución da Alcaldía 1018/2023, do 25 de agosto, resolveu o nomeamento como funcionaria de carreira de María Jesús Viña Feás, con DNI núm. ***0741**, para ocupar a praza de auxiliar administrativa, subgrupo C2, correspondente á oferta de emprego público de 2021, pola quenda de promoción interna.

A Resolución da Alcaldía 1191/2023, do 16 de outubro, resolveu o nomeamento como funcionario de carreira de Luis Javier Castro Martínez, con DNI núm. ***7831**, para ocupar a praza de arquitecto técnico, subgrupo A2, correspondente á oferta de emprego público de 2021, pola quenda de promoción interna-funcionarización.

O que se publica para os efectos legais oportunos.

Teo, 23 de novembro de 2023

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa