DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal dunha praza (concurso).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal da seguinte praza mediante o procedemento de concurso de méritos:

A) Persoal funcionario:

– Unha (1) praza de oficial sepultureiro/a, pertencente á escala da Administración xeral, subescala servizos especiais, grupo/subgrupo: C2, nivel de CD 16.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicáranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.

Marín, 30 de novembro de 2023

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa