DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71117

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria dunha praza de administrativo/a vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, por sentenza xudicial firme (CL2023N).

No Boletín Oficial da provincia nº 231, do 30 de novembro de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas da convocatoria para cubrir unha praza de administrativo/a, vacante no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluída na oferta de emprego público do ano 2023, e asignada a laboral indefinida por sentenza xudicial firme.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 1 de decembro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. núm. 2023006130, do 2.8.2023)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral