DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71116

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2023, reservadas a quenda de promoción interna (CPI2023N).

No Boletín Oficial da provincia nº 231, do 30 de novembro de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos, para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020 e 2023, reservadas á quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 1 de decembro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. núm. 2023006130, do 2.8.2023)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral