DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2023 Páx. 71961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para 2023.

Na Resolución de Alcaldía nº 2023-0448, do 21 de decembro de 2023, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2023 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:

Persoal funcionario de carreira. Taxa de reposición de efectivos.

Código

Denominación

Grupo

Subgrupo

Escala

Titulación

Provisión

1

01.01.00.02

Administrativo/a

C

C-1

Admón. xeral

Bacharelato ou equivalente

Quenda libre

O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada; os interesados poderán entón interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.

Portas, 21 de decembro de 2023

Ricardo Martínez Chantada
Alcalde